O reló, Dosinia exoleta, (Linnaeus, 1758), é un molusco bivalvo heterodonte da orde dos veneroides e familia dos venéridos, común en Galicia.
A súa cuncha é grosa e practicamente circular, de ata 60 mm de diámetro.Rolán e Schmittt (1966). O talle mínimo de captura e comercialización é de 30 mm.
Ademais do nome de reló, derivado da forma circular da cuncha, recibe tamén os nomes de reloxo, reloxito, moelo, ameixa de can, arola e tato.Nin o termo reló nin o de moelo figuran no VOLGa nin no dicionario en liña da RAG, pero son os nomes que lle dá a este molusco a Consellería do Mar na súa documentación oficial de fichas de especies pesqueiras.Ramonell, R. (1985). En Panxón chaman reló a outro molusco, o carneiro (Venus verrucosa).Ríos Panisse, M. C. (1977).
Descrición A cuncha é grosa, equilátera, case circular e cuberta de finas estrías concéntricas, moi apertadas. A cor da cuncha é cremosa ou castaña clara, con manchas máis escuras irregularmente repartidas e, ás veces, dispostas en bandas radiais ou en zigzag, de cor castaña ou rosada, características desta especie.
O interior é branco e distínguese facilmente o seo paleal, profundo e triangular, que chega ao centro da cuncha.
Hábitat e distribución A especie está presente ao longo de todo o Atlántico, desde Noruega ao Senegal, así como no Mediterráneo.
Vive en augas pouco profundas da rexión infralitoral ata os 75 m de profundidade.
Pesca Captúrase mediante marisqueo a flote, con rastro. En menor cantidade, tamén no marisqueo a pé, co sacho.
Ten a carne dura, o que diminúe a súa valoración gastronómica. Consómese á mariñeira, en arroces ou en conserva.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Dirección Xeral de Formación Pesqueira: Guía do consumidor de peixe fresco. Xunta de Galicia 1999. Hubler, M. (2010): Compendium of bivalves. A full-color guide to 3,300 of the World’s Marine Bivalves. A status on Bivalvia after 250 years of research. Hackenheim, Germany: ConchBooks. ISBN 978-3-939767-28-2. Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia, S. A. ISBN 84-7154-506-3. Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces. Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X. Rolán, Emilio e Jorge Otero-Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1.
Outros artigos Bivalvos Heterodontes Veneroides Venéridos Dosinia Lista de bivalvos de Galicia
Ligazóns externas Fichas de especies pesqueiras na web Pesca de Galicia.com "Pesca dejará extraer reló sin plomo si el sector asume normas que garanticen su salubridad" La Voz de Galicia, 1.02.2007
Categoría:Veneroideos Categoría:Moluscos de Galicia Categoría:Marisco