1990 (MCMXC) foi un ano común comezado en luns no calendario gregoriano, e foi designado como: O Ano Internacional da alfabetización, pola Organización das Nacións Unidas (ONU).
Acontecementos 1 de xaneiro - O presidente do Consello de Salvación Nacional de Romanía anuncia a legalización do multipartidismo e outras medidas para acabar co réxime comunista de Ceausescu. 3 de xaneiro - O líder de Panamá, Manuel Noriega, réndese as forzas estadounidenses. 20 de xaneiro - Xaneiro Negro foi unha acción do exército soviético para deter a violencia entre armenios e azerís. 11 de marzo - independencia de Lituania. 24 de abril - o transbordador espacial Discovery pon en órbita o telescopio espacial Hubble 3 de outubro - A Alemaña Oriental e a Occidental unifícanse definitivamente. 11 de outubro - Un artefacto explosivo colocado por membros do EGPGC mata tres persoas na discoteca Clangor de Santiago de Compostela. 1 de decembro - As dúas bocas do túnel baixo o Canal da Mancha quedan unidas ó atoparse os obreiros dunha e doutra sección. Francia e Inglaterra quedan unidas por terra. 9 de decembro - Lech Wałęsa vence nas eleccións presidenciais polacas. 23 de decembro - A República de Eslovenia vota a favor da secesión da República Federal Socialista de Iugoslavia.
Nacementos 7 de xaneiro - Liam Aiken, actor estadounidense. 6 de febreiro - Mike Byrne, músico estadounidense. 8 de febreiro - Leagh Conwell, actor inglés. 11 de febreiro - Q'orianka Kilcher, actriz estadounidense. 24 de marzo - Keisha Castle-Hughes, actriz neozelandesa. 4 de abril - Jeremy Irvine, actor inglés. 4 de abril - Èric Bertran, escritor catalán. 15 de abril - Emma Watson, actriz británica. 10 de agosto - Lucas Till, actor estadounidense. 15 de agosto - Jennifer Lawrence, actriz estadounidense. 29 de outubro - Amarna Miller, actriz española. 31 de outubro - J.I.D, cantante de rap estadounidense. 24 de novembro - Tom Odell, cantautor británico. 22 de decembro - Jean-Baptiste Maunier, actor e cantante francés.
Mortes 4 de xaneiro - Alberto Lleras Camargo, expresidente de Colombia (n. 1906). 6 de xaneiro - Pavel Alekseyevich Cherenkov, físico ruso, Premio Nobel (n. 1904). 25 de xaneiro - Ava Gardner, actriz estadounidense (n. 1922). 25 de xaneiro - Dámaso Alonso, poeta español, presidente da Real Academia Española. 12 de febreiro - Robert Ouko político kenyano (n.1931) 22 de febreiro - Any Asmara, escritor indonesio en lingua xavanesa. 23 de febreiro - José Napoleón Duarte, presidente do Salvador (n. 1925). 25 de febreiro - Antonio Pedrosa Latas, militar e político falanxista galego (n. 1916) 25 de marzo - Ricardo Carvalho Calero, filólogo e escritor galego. 3 de abril - Sarah Vaughan, cantante estadounidense de jazz (n. 1924). 15 de abril - Greta Garbo, actriz sueca (n. 1905). 23 de abril - Paulette Goddard, actriz estadounidense (n. 1910). 16 de maio - Sammy Davis, Jr., cómico estadounidense (n. 1925). 22 de xuño - Ilya Frank, físico ruso, Premio Nobel (n. 1908). 26 de xuño - Manuel de Pedrolo, escritor catalán (n. 1918). 7 de xullo - Cazuza, cantante e compositor brasileiro (n. 1958). 13 de xullo - Arturo Carril, escritor e xornalista galego (n. 1902). 18 de xullo - Yun Po Sun, presidente de Corea do Sur (n. 1897). 18 de xullo - Xosé Conde Fernández, escritor e pintor galego (n. 1918). 22 de xullo - Manuel Puig, escritor arxentino (n. 1932). 13 de agosto - Bibiano Fernández Osorio-Tafall, científico e político galego (n. 1902).
18 de agosto - Burrhus Frederic Skinner, psicólogo norteamericano. 27 de agosto - Stevie Ray Vaughan, músico estadounidense (n. 1954) 27 de agosto - Ramón Piñeiro, escritor e político galego. 26 de setembro - Alberto Moravia, novelista italiano (n. 1907) 30 de setembro - Patrick White, escritor australiano, Premio Nobel de Literatura (n. 1912) 2 de outubro - Xosé María Díaz Castro, poeta galego, autor de "Nimbos". 11 de outubro - Manuel Lueiro Rey, escritor e xornalista galego (n. 1916). 13 de outubro - Le Duc Tho, xeneral e político vietnamita, Premio Nobel da Paz (n. 1911). 14 de outubro - Leonard Bernstein, músico e compositor estadounidense (n. 1918). 22 de outubro - Louis Althusser, filósofo francés (n. 1918). 7 de novembro - Lawrence Durrell, escritor británico. 11 de novembro - Yannis Ritsos, poeta e político grego. 17 de novembro - Robert Hofstadter, físico estadounidense, Premio Nobel (n. 1915). 23 de novembro - Roald Dahl, novelista e autor de contos británico de ascendencia norueguesa. 28 de novembro - Uxío Souto, escultor galego. 14 de decembro - Friedrich Dürrenmatt, escritor suízo en lingua alemá.
Premios Nobel Física: Jerome Isaac Friedman, Henry Way Kendall e Richard E. Taylor Química: Elias James Corey Medicina: Joseph Murray e E. Donnall Thomas Literatura: Octavio Paz Paz: Mikhail Gorbachev Economía: Harry M. Markowitz, Merton H. Miller e William F. Sharpe
Día das Letras Galegas Luís Pimentel
Véxase tamén Outros artigos Historia ano a ano
Categoría:1990