Charles Warren Thornthwaite, nado en Bay City, Míchigan, o 7 de marzo de 1899 e finado o 11 de xuño de 1963, foi un xeográfo e climatólogo estadounidense. A súa grande contribución foi a clasificación climática de Thornthwaite, publicada en 1948, que incluíu a evotranspiración potencial das plantas como parámetro fundamental dos distintos tipos climáticos.
Traxectoria Foi profesor de climatoloxía na Johns Hopkins University, profesor adxunto na Drexel University e presidente da Comisión de Meteoroloxía da Organización Meteorolóxica Mundial. Entre os premios que recibiu salientan o Outstanding Achievement da Asociación de Xeógrafos dos Estados Unidos e a Medalla Cullum da Sociedade Xeográfica Americana.
Véxase tamén Ligazóns externas Clasificación climática de Thornthwaite
Categoría:Xeógrafos dos Estados Unidos de América Categoría:Climatólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1899 Categoría:Nados no condado de Bay, Míchigan Categoría:Alumnos da Universidade de California, Berkeley