Os chukchis (en ruso: чукчи (plural) e чукча (singular) son un pobo, de tradición nómade, nativo de Siberia (Rusia). Son cazadores de renos e viven en tendas de pel de reno, que son ben vedadas para reter a calor. Habitan na Península Chukchi e no litoral do Mar de Chukchi e Mar de Bering, no océano Ártico. As súas orixes veñen dos habitantes da área do Mar de Okhotsk.
Nome A denominación chukchi é unha adaptación ao ruso da palabra chauchu, do Chukoto, "ricos en renos". Os chukchis chámanse a si mesmos (singular ), "o pobo verdadeiro".
Grupos miniatura Hai dous grupos de chukchis: Os da tundra ou do interior, que son os chavchu (criadores de renos); os do litoral, que son os ankalyn. O conxunto dos dous grupos é denominado lygoravetlyan ou luorawetlan.
Notas
Categoría:Grupos étnicos de Rusia