A Revista Gallega, subtitulado Semanario de literatura é intereses regionales, foi un semanario galego, dominicalPublicouse en sábado, por mor da chamada Ley del descanso dominical, entre a RG 496 (17.09.1904) e a RG 576 (31.03.1906). e bilingüe, publicado na Coruña. Foi fundado en 1895 por Galo Salinas Rodríguez e rematou de publicarse en 1907, cun total de 640 números. Autoproclamado Órgano oficial de la Liga Gallega en la Coruña, durante os seus doce anos de historia constituíuse na publicación emblemática do rexionalismo liberal desa cidade.
Historia e características Apareceu o 17 de marzo de 1895Como así figura no propio cabezallo da publicación: domingo, 17 de marzo de 1895 (RG 1). Cfr. (1981: 154): 1 de enero de 1895; (1989: 113): 1 de xaneiro de 1895; DLG II (1997: 421): 12 de marzo de 1895.. Estaba dirixido por Galo Salinas Rodríguez, propietario e fundador do mesmo, como tamén figuraba no cabezallo do semanario, e da súa redacción facían parte Uxío Carré Aldao, Eladio Rodríguez González, Florencio Vaamonde Lores e Francisco Tettamancy Gastón (1975: 426); (1984: 171); (1989: 114); (1990: 328).; outros xornalistas, como Salvador Golpe Varela, Waldo Álvarez Insua ou Manuel Lugrís Freire colaboraron moi estreitamente, nas súas respectivas etapas coruñesas, co cadro desta publicación. miniatura|esquerda|Galo Salinas, fundador, propietario e director. Redacción A sede da redacción e administración da Revista Gallega foi habitualmente a Libraría Rexional de Carré AldaoRúa Real 30; RG 1 (17.03.1895: 1) e ss. En outubro de 1900 esta libraría trasladouse ao número 31 da rúa Real; RG 292 (21.10.1900: 6) e ss. E en xullo de 1903 á rúa Rego de Auga 16; RG 432 (28.06.1903: 1) e RG 433 (05.07.1903: 1) e ss. A Librería Regional de Carré permanecerá xa neste local do Rego de Auga até o seu peche definitivo en 1908. Só nas últimas semanas de vida (dez números) fixou a RG a súa redacción e imprenta nas oficinas de Fortunato García Ybarra (rúa Real 66), quen ademais de se facer cargo da administración da publicación introduciu no mesmo importantes novidades gráficas; RG 630 (21.04.1907: 1 e 6) a RG 640 (30.06.1907: 1 e 6)., nos mesmos locais en que se desenvolvían polas tardes os célebres faladoiros da Cova Céltica, nucleados desde o seu traslado á Coruña arredor da figura de Manuel Murguía, e onde tantas iniciativas a prol do rexurdimento político e cultural de Galicia se idearan, entre elas a propia Revista Gallega.(…) Cantas veces tiña él (Víctor Said Armesto) a ocasión de visital-a nosa leda Cruña, parece que se gozaba en parolar con grande agarimo —concedéndolles especial preferencia— c’os seus íntimos, cales foran o noso escelso Murguía, e aqueles outros poucos amigos, de enxebreza acreditada, que tiñan en ben se axuntaren á cotío na que, uns cantos tan imbéciles como cobizosos, deran en alcumar A Cova Céltica (Libreiría do cultísimo Euxenio Carré Aldao en malhora desaparecida) e, abofellas, que do tal alcume, querendo facere un chiste trocouse en honrosísima gabanza; cantas veces, repitirei, congregados n-esa Cova, na que se aspiraba unha solencia de rescendente cultura e de enxebrismo gallego, somellando á os Celtas cando celebraban seus ritos relixiosos, Víctor Said, actuando, por veces, de gran sacerdote, co a sua substanciosa erudición nos falaba d’aqueles tempos millores e patriarcals e da sua futura labor literaria que tiña entre das mans (…); : Víctor Said Armesto (1917: 12-14); ver tamén: “Carré Aldao”, GEG (VIII: 55); “Cova Céltica”, GEG (XII: 183); “Cova Céltica”, DLG IV (2004: 375-376). miniatura|"Aos académicos lusitás", RG 360, 9/2/1902. Colaboradores Contou cunha ampla nómina de sinaturas colaboradoras, do máis alto nivelDLG II (1997: 421-422).Nela colaboraron cáseque todos os escritores galegos do seu tempo (…); (1975: 426). La flor y nata de la intelectualidad gallega (…); (1993)., como Eladio Fernández Diéguez, Evaristo Martelo Paumán, Lisardo Rodríguez Barreiro, Heraclio Pérez Placer, Alfredo Brañas, Manuel Amor Meilán ou Aurelio Ribalta, na que a presenza feminina era realmente notábel, con Valentina Lago-Valladares, Filomena Dato Muruais, Sofía Casanova, Emilia Pardo Bazán, Elvira Novo García, María Barbeito, Fanny Garrido, Dolores de Gortázar Serantes e moitas outras (Rosalía Castro, Narcisa Pérez Reoyo…).
Contidos Ademais de narrativa e poesía, publicou artigos sobre economía, política e sociedade, lingua e literatura, teatro galego, emigración, historia do xornalismo en Galiza, como tamén interesantes fotografías. A partir do 7 de marzo de 1897 (RG 105) comezou a publicar unha Sección Bibliográfica que viña suplir ao desaparecido Boletín Bibliográfico de la Librería Gallega. O fondo documental que contén a Revista Gallega é así extenso e múltiple, debido ás moitas materias en que se ocupou (1989: 133)., e do mesmo xeito tense destacado a súa modernidade editorial, sentido crítico e inusitada estabilidade (1975: 426). (1981: 158). Supo conciliar la defensa de un ideario regionalista con la modernidad editorial, ya que estamos ante una publicación urbana, moderna, crítica y de gran contenido cultural; (1993). Segundo (1989: 114), a publicidade foi xa o principal sustento económico do xornal; ver tamén, con relación á publicidade na RG, (1981: 155).. Coincidindo co oitavo aniversario da Revista, o 15 de marzo de 1903 (RG 417), comezou a publicar o folletín Luisa ( Páginas de un sacrificio), que non está asinado.
Orientación ideolóxica Na súa longa vida a Revista Gallega acadou un considerábel prestixio xornalísticoEstas razones (…), permiten destacar a la REVISTA GALLEGA muy por encima de cualquier otra publicación, pues de las 12 restantes que había en La Coruña en 1896, la REVISTA era la de mayor prestigio, pues no sólo las revistas de La Coruña reproducían sus artículos, sino las de otras provincias [gallegas] (…), continentes (…), y de otras regiones españolas (…); (1981: 158). Esta revista é unha das publicacións culturais e políticas más importantes do século XIX en Galicia; (1989: 114). Una de las más importantes publicaciones literarias salidas de Galicia; (1995: 133)., e constituíuse na publicación emblemática do rexionalismo liberal e progresista que confluía na capital coruñesa (1984: 170-176); (1989: 114-123); (1993); entre o 14 de novembro de 1897 (RG 140) e o 10 de xullo de 1898 (RG 174) proclamouse Órgano oficial de la Liga Gallega en la Coruña (como así figurou no cabezallo, en vez da propiedade do xornal, entre os citados números), acentuando as súas posicións respecto da normalización da lingua galega e o seu ensino, así como a publicación de textos neste idioma (1981: 155); GEG (XXXVIII: 113); DLG II (1997: 421-422).. Con todo, e a pesar da súa manifesta vocación bilingüe, o predominio do español nas súas páxinas é absoluto, e o espazo ocupado pola lingua galega no dominical oscilará en realidade ao ritmo das vicisitudes políticas do rexionalismo, observándose unha progresiva diminución dos textos en galego segundo avanza o século XX. Porén, en todos e cada un dos números da Revista Gallega publicouse en galego como mínimo un “Palique”, normalmente asinado por Janiño ou Xaniño (Galo Salinas)“O púbrico”, RG 640 (30.06.1907: 5), nota asinada por G. Salinas., e na colección da revista aparecen un gran número de textos de todo xénero en catalán e noutras linguas europeas. miniatura|N.º 521 (10º aniversario) co seu consello de redacción. Fin da publicación