Ignacio García López, nado en Madrid o 5 de setembro de 1924 e finado na mesma cidade o 20 de decembro de 2017,Necrolóxica foi un político español.

Traxectoria Empregado de banca, e licenciado en Ciencias Políticas e Económicas, foi xefe central da Organización Juvenil Española, secretario xeral do SEU e secretario nacional de Juventudes. As súas responsabilidades nas mocidades franquistas permitíronlle acceder ao posto de gobernador civil de Pontevedra en 1970,El Pueblo Gallego, 24-1-1970, p. 1, 3.El Pueblo Gallego, 8-2-1970, p. 13. destino ao que seguiron os gobernos civís de Asturias (1973) e Biscaia, cargos que simultaneou co de procurador en Cortes.

En decembro de 1975, cando Adolfo Suárez era Secretario Xeral do Movemento, con rango de ministro, García López foi nomeado vicesecretario xeral. Sete meses máis tarde, o 7 de xullo de 1976 Suárez pasou a ocupar a Presidencia do Goberno de España e Ignacio García converteuse no último Secretario Xeral do Movemento. En abril de 1977 suprimiuse a Secretaría Xeral do Movemento e Ignacio García López continuou no executivo como ministro Secretario Xeral do Goberno, onde permaneceu ata as eleccións de xullo.

O 15 de xullo de 1977 o rei Xoán Carlos desígnao senador, e pasa a integrar o grupo de senadores da UCD. Despois de traballar algún tempo na UCD como coordinador do partido en Madrid abandonou a política. Foi un dos membros fundadores da Asociación para la Defensa de la Transición, unha organización de recuperación da memoria da Transición EspañolaEstatutos da Asociación para la Defensa de la Transición.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Senado

Categoría:Ministros do franquismo Categoría:Procuradores en Cortes Categoría:Políticos de UCD Categoría:Senadores de España Categoría:Gobernadores civís de Asturias Categoría:Gobernadores civís de Biscaia Categoría:Gobernadores civís de Pontevedra Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2017