O castro de Punta Torrella é un castro situado na parroquia de Dexo, no concello coruñés de Oleiros.
Morfoloxía Consta dun recinto único fortificado e de planta oval. As súas dimensións son duns duns 125 metros no eixo nordeste-suroeste e uns 60 metros no eixo noroeste-sueste.
Conta cunhas defensas constituídas por unha unha sucesión de parapeto e foso que acadan unha altura de ata 4 metros na parte oeste 2,5 na parte do cantil costeiro. Hai indicios de que pola banda norte-nordeste pode existir outro parapeto que enlace co recinto principal. O acceso probablemente ábrese no sector sur-suroeste, por medio dunha rampla encaixada entre dous taludes.
Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.
Véxase tamén
Outros artigos Castro Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña
Ligazóns externas Catálogo. PXOM de Oleiros. Novembro do 2008.
Punta Torrella