O castro de Xaz, tamén chamado castro de Abeleiras ou Os Redondos, é un castro situado na parroquia de Dorneda, no concello coruñés de Oleiros.

Morfoloxía Consta dun recinto fortificado de forma ovalada. As súas dimensións son duns 150 metros no eixo norte-sur e uns 100 metros no eixo este-oeste.

Está defendido por un complexo sistema de noiros e foxos concéntricos, situados sobre todo na parte sur e oeste. Pola parte sur presenta unha sucesión de tres parapetos e dous foxos intercalados entre eles. Na parte oeste existen tres parapetos e dous foxos intercalados

Conservación Polas bandas norte e oeste do asentamento as recentes obras de construción de vivendas afectaron severamente ó parapeto exterior e ó foxo. Neste sector as defensas que se conservan limítanse ó paramento exterior.

Na actualidade a vexetación cobre gran parte dos restos.

Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Véxase tamén

Outros artigos Castro Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña

Ligazóns externas Catálogo. PXOM de Oleiros. Novembro do 2008.

Xaz