The Hellacopters foi unha banda sueca de garage rock formada en 1994 por Nicke Andersson (voces e guitarra), Dregen (guitarra), Kenny Håkansson (baixo) e Robban Eriksson (batería). Despois de editar o seu álbum de debut en 1996 a banda recrutou a Anders Lindström (piano e órgano) e ao pouco tempo actuarían de abreconcertos para Kiss. Dregen deixou a banda despois do lanzamento do seu segundo traballo para centrarse na súa outra banda, Backyard Babies, e coa axuda de Mattias Hellberg e Danne Andersson o grupo rematou a xira de presentación do álbum antes de gravar o terceiro disco. Despois da gravación de Grande Rock en 1998 Robert Dahlqvist foi contratado como substitución de Dregen na guitarra. A banda editou outros tres álbums con material propio e un máis de versións antes de anunciar a súa separación en outubro do ano 2008 despois dunha xira por Europa e da edicióndun disco dobre en directo. The Hellacoopters foi, xunto con The Hives, unha das máis importantes bandas suecas de garage rock revival e unha das máis influentes bandas do país.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo Supershitty to the Max! 1996 White Jazz Records & Toy's Factory Payin' the Dues 1997 White Jazz Records & Toy's Factory Grande Rock 1999 White Jazz Records & Toy's Factory High Visibility 2000 Polar/Universal/Led Recordings & Sweet Nothing Records By the Grace of God 2002 Universal/Liquor And Poker Music Rock & Roll is Dead 2005 Universal/Wild Kingdom/Liquor And Poker Music Head Off 2008 Wild Kingdom/Toy's Factory/Sound Pollution Eyes of Oblivion 2022 Nuclear Blast Overdriver 2025 Nuclear Blast
Recompilatorios Cream Of The Crap vol. 1 - 2002 Hellacopters 12" - 2002 Cream Of The Crap vol. 2 - 2004 Air Raid Serenades - 2006
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de garage rock Categoría:Grupos musicais de garage punk Categoría:Grupos musicais de garage rock revival Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de hard rock Categoría:Grupos musicais de power pop Categoría:Grupos musicais de Estocolmo Categoría:Grupos musicais formados en 1994