Ernst Lubitsch, nado en Berlín o 28 de xaneiro de 1892 e finado no barrio de Hollywood (Os Ánxeles) o 30 de novembro de 1947, foi un director de cinema xudeu nado en Alemaña, de nacionalidade rusa, aínda que naturalizado alemán e, máis tarde, estadounidense. As súas comedias urbanas déronlle a reputación de ser o director máis elegante e sofisticado de Hollywood; a medida que medraba o seu prestixio, os seus filmes foron promovidos por ter "o toque Lubitsch". Entre as súas obras máis coñecidas están Trouble in Paradise (1932), Design for Living (1933), Ninotchka (1939), The Shop Around the Corner (1940), To Be or Not to Be (1942) e Heaven Can Wait (1943).

Foi nomeado ao Óscar ó mellor director en tres ocasións, por The Patriot (1928), The Love Parade (1929) e Heaven Can Wait (1943). En 1946, recibiu o Óscar honorífico polas súas achegas á arte do cinema.

Traxectoria Lubitsch naceu en 1892 en Berlín,Eyman 1993, p. 22. fillo de Simon Lubitsch, un xastre, e Anna Lindenstaedt. A súa familia era xudía asquenací; o seu pai naceu en Grodno, daquela no Imperio Ruso (hoxe Belarús), e a súa nai era de Wriezen, preto de Berlín. Deulle as costas ao negocio de xastre do seu pai para entrar no teatro, e en 1911 era membro do Deutsches Theater de Max Reinhardt.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Páxina sobre Ernst Lubitsch

Categoría:Personalidades do cinema Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1947 Categoría:Nados en Berlín Categoría:Óscar honorífico