Denomínase auga pesada a unha molécula de composición química equivalente á auga, na que os átomos de hidróxeno son substituídos por deuterio, un isótopo pesado do hidróxeno.
A fórmula química da auga deuterada, óxido de deuterio ou auga pesada é: D2O ou 2H2O. A fórmula química da auga triciada, auga de tricio ou auga superpesada é: T2O ou 3H2O. Esta forma é radioactiva. Ademais hai outras variedades isotópicas coma a auga semipesada con fórmula química HDO, DHO ou 1H2HO, e unha forma sen nome que corresponde a unha auga semisuperpesada, ás veces chamada auga tritiada, con fórmula química HTO, THO ou 1H3HO. Esta forma tamén é radioactiva. Tamén é de suma utilidade para detectores de neutrinos coma o kamiokande.
Propiedades A diferenza nos elemento do núcleo modifica algunhas das súas propiedades físicas, tales como a densidade ou o punto de vaporización. A auga pesada atópase presente, en pequenas cantidades, mesturada coa auga normal, e pode ser separada desta por destilación fraccionada. Tamén se pode separar por absorción con amoníaco que conteña deuterio. Propiedades D2O(auga pesada) H2O(auga común)Punto de fusión (°C)3,82 0,0Punto de vaporización (°C) 101,4 100,0Densidade (a 20 °C, g/mL) 1,1056 0,9982Temp. de máxima densidade (°C) 11,6 4,0 Viscosidade (a 20 °C, centipoise)1,25 1,005 Tensión superficial (a 25 °C, dyn*cm) 71,93 71,97 Entalpía de fusión(cal/mol) 1,515 1,436 Entalpía de vaporización (cal/mol) 10,864 10,515 pH (a 25 °C) 7,41 7,00
Moderador na fisión nuclear A principal aplicación tecnolóxica da auga pesada foi de moderador nos procesos de fisión nuclear, polo que se converteu nunha substancia estratéxica durante o desenvolvemento dos primeiros reactores nucleares.
Durante a segunda Guerra Mundial, os aliados emprenderon un conxunto de accións directas para impedir o acceso dos nazis á auga pesada (Batalla da auga pesada). Hoxe perdeu parte da súa importancia, ó utilizarse tamén como moderadores nas centrais nucleares outros materiais coma a auga normal ou o grafito.
Consideración médicas
A auga pesada non está considerada como tóxica. Porén, algunhas reacción metabólicas precisan de auga clásica, é por isto que o consumo exclusivo de auga pesada pode ser considerado como perigoso para a saúde.
O principal efecto so seu consumo é reducir o número de mitoses, causando a progresiva degradación dos tecidos que precisan dunha rápida rexeneración. Despois de varios días da inxesta de auga pesada unicamente, os fluídos corporais conteñen ó redor do 50% de auga pesada. Neste intre os síntomas comezan a aparecer, pola redución das divisións celulares, principalmente nas células con renovamento rápido, como poden ser os cabelos ou as paredes do estómago.
Véxase tamén Outros artigos Reactor nuclear Tricio Deuterio
Categoría:Auga Categoría:Compostos de osíxeno