Francisco Manuel Castiñeira Romar, nado en Delémont, Suíza o 11 de maio de 1977, é un escritor galego.
Traxectoria Fillo de emigrantes de Laxe. Pasou case toda a súa vida na Coruña, aínda que tamén residiu en Oviedo e en Santiago de Compostela. Ten estudos de Técnico Especialista en Laboratorio. Traballou en institutos de investigación, exercendo agora a súa actividade profesional nun laboratorio xenético en Regensburg, Baviera, Alemaña.
Obras Narrativa Seica chove, 2002, Baía Edicións. Coitelas, 2004, edición dixital. O cuspe dos poliquetos, 2004, edición dixital. Podería falar de nubes, 2012, Redelibros.
Obras colectivas Na vangarda, 2004, Xunta de Galicia. Inventario de nubes e catro contos máis, 2006, Xunta de Galicia. Premios Pedrón de Ouro. Certame de Narración Breve Modesto R. Figueiredo XXX (2004) e XXXI (2005), 2007. Premios Pedrón de Ouro. XXXVI (2010) e XXXVII (2011). Certame de Narración Breve Modesto R. Figueiredo, 2011, Toxosoutos.
Premios II Certame Ágora Conto no 2001. III Certame Suárez Ferrín no 2002. Certame Radio France International-Cide Hamete Benengeli no 2003, por O cuspe dos Poliquetos. Primeiro premio no II Certame Lucus Augusti no 2004, por Coitelas. Segundo premio no Certame Na Vangarda de Novos Creadores da Xunta de Galicia tamén no 2004, por Batallas que non se libran. Gañador do XXIII Premio Ourense de Contos para a Mocidade no 2006, por Inventario de nubes. Gañador do Certame Literario de Narrativa Breve da Federación de Asociaciones Gallegas da Arxentina no 2011, por Sobre maletas.
Véxase tamén Ligazóns externas Blog do autor
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados no cantón de Xura Categoría:Nados en 1977 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes