Good Riddance foi unha banda de punk rock estadounidense procedente de Santa Cruz (California). O grupo formouse no ano 1986 e separaríase no 2007, despois de editar sete álbums de estudio a través do selo Fat Wreck Chords. Liderada polo vocalista Russ Rankin, nela tamén estaban o guitarrista Luke Pabich, o baixista Chuck Platt e o batería Sean "SC" Sellers. O seu son estaba influenciado pola escena hardcore punk e a banda foi coñecida por combinar punk rock rápido e melodías pegadizas. As letras van dende a protesta política e a análise crítica da sociedade estadounidense ata a loita persoal e a alienación.

Discografía For God and Country - 1995 A Comprehensive Guide to Moderne Rebellion - 1996 Ballads from the Revolution - 1998 Operation Phoenix - 1999 Symptoms of a Leveling Spirit - 2001 Bound by Ties of Blood and Affection - 2003 My Republic - 2006

Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de hardcore melódico Categoría:Grupos musicais de skate punk Categoría:Grupos musicais do condado de Santa Cruz, California Categoría:Grupos musicais formados en 1986