David Wenham nado o 21 de setembro de 1965 en Marrickville, Nova Gales do Sur, é un actor australiano de cine e televisión que acadou a fama internacional en 2002 pola súa interpretación de Faramir na triloxía d'O Señor dos Aneis de Peter Jackson.

Traxectoria A súa primeira interpretación consistiu nun pequeno papel na serie Sons and Daughters (1982). Despois de participar noutras series de televisión, deu o salto ó cine con Greenkeeping (1992) e Cosi (1996), das cales recibiu os parabéns do público e da crítica australiana. Pero foi con The Boys (1998) cando se afianzou definitivamente como un dos grandes actores australianos, conseguindo diversos premios e nomeamentos.

En 1998 tivo un papel principal na serie Seachange, de grande éxito, que lle serviu para afianzar a súa popularidade. En 1999 protagonizou o filme Molokai, para a que interpretou a vida do padre Damián de Molokai nunha comunidade de leprosos no Hawai do século XIX.

A participación de Wenham en filmes máis de sona mundial inclúen un pequeno papel en Mouling Rouge! (2001), o personaxe de Faramir en O Señor dos Aneis: As Dúas Torres (2002) e O Señor dos Aneis: O Regreso do Rei (2003) da triloxía d'O Señor dos Aneis de Peter Jackson, ó monxe Carl en Van Helsing (2004) e ó soldado espartano Dilios en 300 (2007).

Tamén foi protagonista na versión teatral de Cyrano de Bergerac en Melbourne durante o 2005.

Filmografía Sons and Daughters (1987) (TV serie) - Debt Collector Jack Simpson: A Willesee Documentary (1987) - Soldado Poor Man's Orange (1987) TV Serie - Party Youth The Heroes (1988) (TV) - Horrie Young Come in Spinner (1990) (TV) - Soldado australiano Police Rescue (1991) (Serie de televisión) - Ferret Greenkeeping (1992) - Trevor Seeing Red (1992) ---- Frank No 2 A Country Practice (1992) (Serie de televisión) - David Cornish Heartland (1994) (mini) Serie de televisión - Warwick Bone Gino (1994) - Trevor Tran the Man (1994) - Raymond "Tran" Moss No Escape (1994) - Empregado do hotel Escape from Jupiter (1994) - Dr Chrobak One of Us (1995) - Luke Potter Roses Are Red (1995) - Brian Twisted Tales (1996) TV serie - George Cosi (1996) - Doug Idiot Box (1996) - Bank Teller Return to Jupiter (1997) Serie de televisión - Dr. Chrobak Simone de Beauvoir's Babies (1997) serie TV ---- Ian The Boys (1998) - Brett Sprague Dark City (1998) - Schreber's Assistant A Little Bit of Soul (1998) - Dr. Richard Shorkinghorn SeaChange (1998) Serie de televisión - Daniel Della Bosca Molokai: The Story of Father Damien (1999) - Pai Damián Better Than Sex (2000) - Josh Russian Doll (2001) - Ethan Moulin Rouge! (2001) - Audrey The Bank (2001) - Jim Doyle Dust (2001) - Luke The Crocodile Hunter: Collision Course (2002) - Sam Flynn Pure (2002) - Lenny O Señor dos Aneis: As Dúas Torres (2002) - Faramir After the Deluge (2003) serie de TV- Alex Kirby Gettin' Square (2003) - Johnny Spitieri Basilisk Stare (2003) - Dave O Señor dos Aneis: O Regreso do Rei (2003) ---- Faramir Van Helsing: The London Assignment (2004) (voz) - Carl Van Helsing (2004) - Carl Stiff (2004) (TV) - Murray Whelan The Brush-Off (2004) (TV) - Murray Whelan Three Dollars (2005) - Eddie Harnovey The Proposition (2005) - Eden Fletcher Answered by Fire (2006) serie de TV - Mark Waldman 300 (2007) - Dilios Married Life (2008) - John O'Brien The Children of Huang Shi (2008) - Barnes Australia (2008) - Neil Fletcher Deadliest Warrior (2009) serie de TV (voz) Public Enemies (2009) - Harry Pierpont Pope Joan (2009) - Gerold Legend of the Guardians: The Owls of Ga'Hoole (2010) - Digger (voz) Oranges and Sunshine (2010) - Len League of Legends (2011) Lee Sin (voz)

Véxase tamén

Categoría:Actores de cinema de Australia Categoría:Actores de televisión de Australia Categoría:Actores de teatro de Australia Categoría:Actores de voz de Australia Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Nova Gales do Sur