José Luis Cochón Touriño, coñecido como Luís Cochón, nado na Ruibal (Salcedo, Pontevedra) en 1942, é un escritor e profesor de lingua e literatura castelá. Traxectoria
Foi catedrático de lingua e literatura castelá no IES Rosalía de Castro, en Santiago de Compostela. Neste instituto coincidiu con Xesús Rábade Paredes, con quen mantivo unha grande amizade. Foi militante do PCE nos anos 60 e 70.
Especialista en literatura española e galega, tense dedicado á obra de Uxío Novoneyra e outros autores destacando pola súa relación co Centro Ramón Piñeiro. En 2011 publicou Volvo do mar derradeiro, escrito na memoria de Herminio Barreiro (Sarmiento: Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación).
Ten colaborado en revistas como A Trabe de Ouro, Encrucillada, Boletín Galego de Literatura, Boletín da Real Academia Galega.
Obras Edicións Cartas de Ramón Cabanillas a Isidoro Millán González-Pardo en modo de antífona (2011). Centro Ramón Piñeiro. Correspondencia habida entre Xosé María Álvarez Blázquez e Isidoro Millán González-Pardo (2012). Centro Ramón Piñeiro. Seis poemas galegos. Federico García Lorca (2018). Con Manuel González González. Chan da Pólvora. ISBN 978-84-948565-0-1. Cadernos Ramón Piñeiro (XLII). Dentro de Nós mesmo e a rente ou ao redor (2021). Con Laura Caamaño Pérez. miniatura|Luís Cochón en 2022
Obras colectivas Epistolario de Ramón Piñeiro a Isidoro Millán González-Pardo (1952-1971). (2009). Centro Ramón Piñeiro. Cartas de poeta: de Uxío Novoneyra a Ramón Piñeiro (1953-1972) (2010). Consello da Cultura Galega. Coeditor. A casa! o val! a patria homilde! Celebración de Uxío Novoneyra (1930–1999). (2010). Centro Ramón Piñeiro. Celebración de Uxío Novoneyra, II (1930-1999) (2010). Centro Ramón Piñeiro. Coeditor. Esta coor de soidá (escolma poética), de Uxío Novoneyra (2010). Follas Novas. Coeditor. Remuíño de prosas, de Álvaro Cunqueiro (2011). Centro Ramón Piñeiro. Coeditor. Rosalía na cobiza do lonxe (2013). Centro Ramón Piñeiro. Coeditor. Nimbos: cáliz fervendo! (2014). Xunta de Galicia, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 978-84-453-5140-6. Coeditor. Cartas a Fermín Penzol: de Ramón Piñeiro, Ramón Cabanillas, Ben-Cho-Shey, Otero Pedrayo (2014). Xunta de Galicia. ISBN 978-84-453-5120-8. Coeditor. No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal (2015). Alvarellos. Arredor das Irmandades da Fala. Pensamento, política e poética en Galicia (1914-1931) (2016). Xerais. ISBN 978-84-9121-090-0. Manual María Cecais hai unha luz: memorabilia (2016). Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 978-84-453-5216-8. Coeditor.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos
Cadernos Ramón Piñeiro
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1942 Categoría:Profesores de educación secundaria