A indoeuropeística (ou lingüística indoeuropea) é a rama da lingüística histórica e da lingüística comparada que se ocupa da reconstrución da lingua indoeuropea e das evolucións históricas das linguas indoeuropeas. Xurdida con base científica no segundo decenio do século XIX, ten elaborado e válese principalmente do método comparativo que permite, a través da comparación entre as linguas coñecidas, a identificación de correspondencias estruturais sistemáticas, a través das cales é posíbel elaborar un cadro de conxunto da lingua indoeuropea que non nos é coñecida per se, xa que é unha lingua prehistórica que non deixou testemuños directos. Xunto coa arqueoloxía e a historia, a indoeuropeística tenta tamén reconstruír, sempre por vía indutiva, as características do pobo indoeuropeo que falou tal lingua, e o seu posterior espallamento que deu orixe aos pobos indoeuropeos historicamente coñecidos.
Historia A fase pioneira (séculos XVII-XVIII) A finais da Idade Media viaxeiros e mercadores notaron, casualmente e esporadicamente, algunhas semellanzas entre as linguas europeas e as da India, sen estar porén en condicións de fornecer explicacións para tal afinidade. En particular, foi o florentino Filippo Sassetti quen notou no 1585 singulares semellanzas entre o sistema dos numerais latinos e os do lingua sánscrita. Nesa época non foi posíbel captar a importancia da observación, que non atinxía a coincidencias casuais senón sistemáticas; analogamente, permaneceron no nivel de mera curiosidade as observacións doutras tantas correlacións no campo do sistema da terminoloxía de parentesco. A primeira formulación da existencia dun devanceiro común de gran parte das linguas históricas de Europa e da Asia centro-occidental aparece en 1686, cando Andreas Jäger presentou, no seu De lingua vetustissima Europae, a hipótese de que o grego, o latín, as linguas xermánicas, as linguas célticas,o eslavo e o persa fosen o resultado da evolución dunha lingua extinta, parlada antigamente nas proximidades do Cáucaso e á que deu o nome de "escitocéltico"Francisco Villar, Los indoeuropeos y los orígenes de Europa, pp. 19-33..
miniatura|William Jones No curso do século XVIII os progresos no campo foron limitados, se ben paralelamente se foi asentando entre os europeos o coñecemento, ata agora bastante superficial, da lingua sánscrita. Decisiva, neste senso, foi a dominación británica da India. O 2 de febreiro de 1786 William Jones, orientalista británico que na India traballaba como xuíz no Tribunal Supremo de Calcuta, pronunciou, ante a Asiatic Society de Bengala que el mesmo fundara e da que era presidente, o discurso que se considera o punto de inflexión no camiño do nacemento da indoeuropeística. Calvert Watkins, El proto-indoeuropeo, pp. 45-47.:
Limitándose a establecer a existencia desta familia lingüística, Jones abriu o camiño para que outros indagasen sistematicamente tales relacións lingüísticas. Independente e contemporaneamente, en Europa viñeron importantes contribucións por parte dos irmáns Schlegel: August Wilhelm editou o Bhagavad Gita e o Ramayana; Friedrich no 1808 publicou Über die Sprache und Weisheit der Indier, considerado un dos textos fundacionais da tipoloxía lingüística. No seu ensaio, Schlegel apuntou unha clasificación morfolóxica (linguas flexivas, linguas aglutinantes etc.) e, no campo específico da protoindoeuropeística, reafirmou a existencia dun parentesco xenético entre sánscrito, persa, grego, latino etc. A profunda influencia de Schlegel sobre cultura europea contemporánea foi decisiva para dirixir a atención da comunidade científica cara á elaboración das primeiras bases da indoeuropeística. Tras a primeira e mediocre gramática de Paulino de San Bartolomeu (Sidharubam seu Gramática Samscrdamica, publicada en Roma no 1790), no 1805 Henry Thomas Colebrooke deu ao prelo A Grammar of the Sanscrit Language, que se converteu no punto de referencia de toda a lingüística europea e que fixo posíbel a fundación mesma da indoeuropeística.
Nacemento e desenvolvemento da indoeuropeística como ciencia (século XIX) miniatura|esquerda|Franz Bopp miniatura|Rasmus Christian Rask O nacemento da indoeuropeística como ciencia, e máis en xeral da lingüística comparada, dátase en 1816, ano no que o alemán Franz Bopp publicou Über das Conjugationssystem der Sanskritsprache en Vergleichung mit jenem der griechischen, lateinischen, persischen und germanischen Sprache, no que por primeira vez se estudaban sistematicamente as relacións entre as linguas indoeuropeas alén das simples analoxías léxicas, que poderías ser froito de coincidencias ou de préstamo. Bopp, polo contrario, demostrou como os nexos entre as linguas da familia implicaban tamén os sistemas gramaticais e os sistemas morfolóxicos, que non poden ser obxecto de intercambio entre as linguas, senón que só poden derivar dun devanceiro común.
Cronoloxicamente anterior, pero non difundido ata o traballo de Bopp foi o do danés Rasmus Christian Rask, Undersøgelse om det gamle Nordiske eller Islandske Sprogs Oprindelse (redactado no 1814, publicado en 1818). Os resultados de Rask son en gran parte semellantes aos de Bopp; porén, o diverso camiño seguido polos dous estudosos (Bopp era orientalista, Rask xermanista) levou aos dous traballos a solucións complementarias: se a Bopp lle debemos a identificación das correspondencias sistemáticas dos sistemas morfolóxicos, a Rask vai o mérito de ter identificado análogas correspondencias no campo da fonética.
Con Bopp e Rask establecéronse os fundamentos da indoeuropeística. Grazas ao método comparativo, situado entre os instrumentos máis rigorosos e dignos de confianza ao dispor das ciencias humanas, foi inmediatamente posíbel identificar como membros da familia lingüística indoeuropea o grego, o latín, as linguas xermánicas e as linguas indoiranias; a pertenza ao grupo das linguas célticas, sostida por Rask e posta como hipótese desde os momentos pioneiros da indoeuropeística, foi demostrada definitivamente por Bopp no 1838, cando o lingüista alemán puidera xa, grazas ao desenvolvemento contemporáneo das respectivas filoloxías, incluír no elenco sen dúbida tamén as linguas bálticas e as linguas eslavas. Tamén foi Bopp que recoñeceu a indoeuropeidade da lingua albanesa, mentres a da lingua armenia como rama propia, particularmente problemática a causa da extrema evolución do material lingüístico indoeuropeo orixinario, non chegou ata o 1875 grazas a Heinrich Hübschmann. Reconstrución
Unha vez establecida a existencia mesma da familia lingüística indoeuropea, a neonata disciplina dedicouse ao intento de reconstruír a protolingua común - o indoeuropeo, - a través da rigorosa aplicación do método comparativo. Os primeiros indoeuropeístas como Bopp non pensaron tampouco na posibilidade de tal reconstrución, pero a xeración seguinte de lingüistas foi bastante máis optimista: August Schleicher mesmo chegou a compoñer en “indoeuropeo” unha fábula, A ovella e os cabalosVillar, pp. 200-201.. Alén dos excesos de optimismo, a obra de reconstrución levouna adiante principalmente a Escola neogramática alemá (os Junggrammatiker: Hermann Osthoff, Karl Brugmann, August Leskien, Berthold Delbrück, Hermann Paul), que chegou a definir unha primeira, "clásica" reconstrución do indoeuropeo. Os neogramáticos, inspirados polas investigacións contemporáneas no campo da filoloxía xermánica que arribaron á definición da Lei de Grimm e da Lei de Verner, identificaron unha serie de leis que regulaban as relacións fonéticas no paso do indoeuropeo reconstruído ás linguas indoeuropeas históricas; particular relevo ten a Lei de Leskien, segundo a cal o cambio fonético, en igualdade de condicións, ten sempre o mesmo resultado, sen excepcións. Ademais, os neogramáticos introduciron tamén os principios, complementarios á Lei de Leskien, da analoxía e do préstamo. A reconstrución neogramática atopou a súa síntese definitiva na monumental Grundriß der vergleichenden Grammatik der indogermanischen Sprachen (1897-1916) de Brugmann, que representou por decenios o punto de referencia da indoeuropeísticaVillar, pp. 213-221, 340..
Os debates da indoeuropeística contemporánea (século XX) Reducionismo Nos primeiros decenios do século XX a síntese neogramática foi obxecto de repetidos intentos de reducionismo: o complexo fonolóxico e morfosintáctico do indoeuropeo reconstruído polos neogramáticos resultaba cada vez máis insatisfactorio, quer pola súa excesiva rixidez, quer pola súa excesiva riqueza de estruturas. Tal tendencia reducionista recibiu un decisivo impulso tras o desciframento da lingua hitita, levada a cabo polo checo Bedřich Hrozný no 1917: o hitita resultou ser non só a lingua indoeuropea de testemuño máis antigo, senón que ademais se separaba significativamente do paradigma neogramático, fundado sobre o axioma dun maior arcaísmo - e polo tanto dunha maior relevancia para definir a lingua común - do grego e do sánscrito. O descubrimento do hitita puxo en crise o "paradigma grego-sanscritista" dos neogramáticos, impoñendo a busca dunha nova reconstrución do indoeuropeo comúnVillar, pp. 343-361..
miniatura|esquerda|Versión en hitita do Tratado de Qadeš ("Kinza" en hitita) entre o rei dos hititas Muwatallis II e o faraón exipcio Ramsés II, selado en -1274 e atopado nos arquivos reais de Ḫattuša. É o tratado de paz máis antigo que existe e consérvase no Museo arqueolóxico de Istanbul.
miniatura|Ferdinand de Saussure.
O reducionismo operou en todos os ámbitos da lingua reconstruída. No campo fonético, interesou quer o vocalismo quer o consonantismo. O sistema vocálico reconstruído polos neogramáticos prevía dez vogais (a/e/i/o/u, cada unha nas dúas variedades longa e breve), pero xa o suízo Ferdinand de Saussure na Mémoire sur le système primitif des voyelles dans les langues indoeuropéennes (1878) criticou a pobre base comparativa de /a/; a eliminación de /a/ tería xerado, porén, un sistema e/i/o/u tipoloxicamente inaceptábel, polo que se propuxo unha diferente reconstrución do vocalismo na serie a/e/i/u, tipoloxicamente válida e rica en implicacións dialectolóxicas. Actualmente as dúas hipóteses - con cinco ou catro vogais - son as que obteñen maior consenso entre os indoeuropeístas; pouco seguimento tiveron as propostas de reducir as vogais a dúas (e/o, para o polaco Jerzy Kuryłowicz ou o español Francisco Rodríguez Adrados) ou mesmo a unha (para o francés André Martinet)Villar, pp. 223-236..
A atención da indoeuropeística estivo catalizada polo debate sobre a Teoría das laringais, postulada xa por De Saussure no Mémoire e retomada polo danés Hermann Möller, polo francés Albert Cuny e por Jerzy Kuryłowicz. Xa antes do descubrimento do hitita postulárase a presenza de tres fonemas laringais (/h1/, /h2/, /h3/) responsábeis dalgunhas anomalías no vocalismo indoeuropeo, pero tal hipótese, fundada sobre a reconstrución interna e non sobre o método comparativo posto que non había testemuño de tales fonemas, encontrou ao principio amplas resistencias. Foi o testemuño do hitita, que efectivamente presenta este tipo de sons, o que despexou a estrada á afirmación da teoría, na formulación xeralmente compartida do francés Émile Benveniste (Le vocabulaire des institutions indo-européennes, 1969). Un éxito menor tiveron as propostas dun número distinto de laringais, dunha a dez; restan porén neste ámbito algúns puntos sen resolver, quer sobre o número de sons, quer sobre a súa realización fonética efectivaVillar, pp. 241-248; Watkins, pp. 57-60..