Ángel Baltar Varela, nado en Padrón en 1827 e finado en 1895, foi o primeiro licenciado en Farmacia da Facultade de Santiago de Compostela. .
Traxectoria Despois de licenciarse en Farmacia rexentou a farmacia do seu tío, José Baltar Varela, a farmacia Baltar de Padrón.
Tivo oito fillos, varios dos cales vivían en Madrid polo que as súas viaxes á capital eran bastante frecuentes. Aproveitaba estas viaxes para mercar novos libros para aumentar a biblioteca familiar, a biblioteca Baltar.
Foi alcalde de Padrón. Tamén foi amigo e protector de Manuel Murguía e Rosalía de Castro os cales usaban a súa gran biblioteca.
Vida persoal Foi pai de Manuela, que casou con Manuel Rey Gosende, Ernesto e Ángel Baltar Cortés, famoso médico que fundou o Sanatorio Baltar de Santiago de Compostela.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Ángel Baltar Cortés
Categoría:Farmacéuticos de Padrón Categoría:Alcaldes de Padrón Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Padrón
Categoría:Nados en 1827 Categoría:Finados en 1895 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos