Karl Barry Sharpless, nado o 28 de abril de 1941 en Filadelfia, Pensilvania (USA), é un químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2001 e do ano 2022.

Traxectoria Estudou química no Friends' Central School, onde se licenciou en 1959. Posteriormente realizou o doutoramento en 1968 na Universidade Stanford, continuando os seus traballos postdoctorales nesta universidade. Foi profesor do Instituto Tecnolóxico de Massachussets, e desde 1990 é profesor de química no Scripps Research Institute de La Jolla en California.

Investigacións científicas En 2001 foi galardoado coa metade do Premio Nobel de Química por conseguir obter moléculas quirales ópticamente puras mediante a reacción de oxidación con catalizadores enantioselectivos. O premio foi compartido con outros dous investigadores William S. Knowles e Ryoji Noyori por idéntico logro mediante hidroxenación.

En 2022 outorgáronlle de novo cun terzo do Premio Nobel de Química polos seus traballos no desenvolvemento da química clic.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2001 Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 2001 Perfil de Karl Barry Sharpless en NNDB

Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Nados en 1941 Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América