John Bennett Fenn, nado o 15 de xuño de 1917 en Nova York e finado o 10 de decembro de 2010 en Richmond, Virxinia,) foi un químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2002.
Traxectoria Estudou química no Berea College, onde se graduou en 1947. Doutorouse en Química pola Universidade Yale en 1940, e a partir de 1952 dedicouse á docencia. Entre aquel ano e 1967 foi profesor de química na Universidade de Princeton, e despois foi catedrático de Enxeñería Química na Universidade de Yale entre 1967 e 1987. Ata o momento da súa morte exercía como enxeñeiro de investigación na Virginia Commonwealth University.
Faleceu o 10 de decembro de 2010 en Richmond, Virxinia, aos 93 anos.
Investigacións científicas En 1988 publicou o método ESI (Electro Spray Ionization), unha nova técnica baseada na espectroscopia de masas que permite detectar e analizar as proteínas. Este descubrimento permitiu comprender mellor os procesos vitais e aumentar rapidamente a velocidade coa cal os novos compostos farmacéuticos complexos poderían ser avaliados, conducindo directamente ao desenvolvemento das medicacións para deter o avance do sida (inhibidores de protease) desenvolvida na década de 1990.
En 2002 compartiu o premio Nobel de Química, xunto co xaponés Koichi Tanaka e o suízo Kurt Wüthrich, por o desenvolvemento de métodos de identificación e de análise estrutural de macromoléculas biolóxicas que contribuíron a unha mellor comprensión dos procesos vitais.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2002 Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 2002 Perfil de John Fenn en NNDB
Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Alumnos da Universidade Yale Categoría:Profesores da Universidade Yale Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América