Johann Heinrich August Leskien, nado en Kiel o 8 de xullo de 1840 e morto en Leipzig o 20 de setembro de 1916, foi un lingüista e filólogo alemán, expoñente da escola neogramática que influíu profundamente na indoeuropeística entre os séculos XIX e XX. O seu nome está unido á lei que promulgou: a Lei de Leskien sobre a regularidade do cambio fonético.

Traxectoria Nado en Kiel, August Leskien estudou filoloxía na Universidade de Kiel e na de Leipzig, onde en 1864 conseguiu o doutoramento. Desde ese ano ao 1866 ensinou grego e latín na Thomasschule zu Leipzig. En 1866 estudou lingüística comparada na Universidade de Jena, onde foi alumno de August Schleicher e obtivo a habilitación docente o ano seguinte. Desde o 1867 foi profesor na Universidade de Gotinga, desde o 1869 en Jena e desde o 1870 en Leipzig; alí ensinou Filoloxía eslava, converteuse en titular en 1876 e conservou a cátedra ata 1916 , ano da súa morte.

No centro das súas investigacións estivo a lingüística indoeuropea. Xunto con Karl Brugmann e Hermann Osthoff, Leskien foi un dos máis influentes inspiradores do movemento dos neogramáticos. Debémoslle en particular profundos estudos sobre as linguas eslavas e bálticas; figura entre os fundadores da revista especializada Archiv für slavische Philologie. Legou o seu nome a unha lei fonética (a chamada "lei de Leskien"), segundo a cal o cambio fonético, en igualdade de condicións, resulta sempre co mesmo resultado, sen excepciónsFrancisco Villar, Los indoeuropeos y los orígenes de Europa, pp. 213-221, 340..

Obras Ensaios Rationem quam I. Bekker in restituendo digammo secutus est, Leipzig, F. A. Brockhaus, 1866. Zur neusten Geschichte der slawischen Sprachforschung, Berlín: Schade. 1868. Handbuch der altbulgarischen (altkirchenslavischen) Sprache. Grammatik, Texte, Glossar, Weimar, H. Böhlau, 1871. Agora en Leben und Wachstum der Sprache (con William Dwight Whitney), Leipzig: F. A. Brockhaus, 1876. Die Declination im Slavisch-Litauischen und Germanischen, Leipzig, S. Hirzel, 1876. Agora en Grammatika staroslavjanskogo jazyka (s dopolneniempo jazyku Ostromirova Evangelija), Moscova. 1890. Litauische, volkslieder und märchen, aus dem preussichen und dem russichen Litauen (con Karl Brugmann), Estrasburgo. K. J. Trubner. 1882. Zur Kritik der künstlichen Weltsprachen (con Karl Brugmann), Estrasburgo: K. J. Trubner. 1907. Litauisches Lesebuch mit Grammatik und Wörterbuch, Heidelberg: Winter. 1919.

Traducións e colaboracións Allgemeine Encyclopädie der Wissenschaften und Künste (editado por Johann Samuel Ersch e Johann Gottfried Gruber), Leipzig, F. A. Brockhaus. Volumes baixo a responsabilidade de Leskien: 2: H-N. 32., K - Karabulaken (1882). 2: H-N. 33., Karachitaier - Karl V. von Lothringen (1883). 2: H-N. 34., Karl (Herzog von Guise) - Kauffahrer (1883). 2: H-N. 35., Kaufmann - Khôrasân (1884). 2: H-N. 36., Khorsabad - Klein (Julius Leopold) (1884). 2: H-N. 37., Kleinasien - Kochen (1885). 2: H-N. 38., Kocher - Köppen (Friedrich) (1885). 2: H-N. 39., Köppen (Peter v.) - Kriegk (1886). 2: H-N. 40., Kriegsakademie - Kurzsichtigkeit (1887). 2: H-N. 41., Kusnezk - Landsmannschaften (1887). 2: H-N. 42., Landstände - Lehrte (1888). 2: H-N. 43., Leibeigenschaft - Ligatur (1889).

Misceláneas

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Indoeuropeística. Indoeuropeo. Linguas indoeuropeas Lingüística comparada Neogramáticos

Ligazóns externas

Categoría:Lingüistas de Alemaña Categoría:Indoeuropeístas Categoría:Neogramáticos Categoría:Finados en 1916 Categoría:Nados en 1840 Categoría:Alumnos da Universidade de Kiel Categoría:Alumnos da Universidade de Leipzig Categoría:Alumnos da Universidade de Jena Categoría:Profesores da Universidade de Gotinga Categoría:Profesores da Universidade de Jena Categoría:Profesores da Universidade de Leipzig Categoría:Nados en Kiel