A maioría dos 10,2 millóns de habitantes da República Checa son etnicamente e lingüisticamente checos (95%). Outros grupos étnicos inclúen xermánicos, romanís e polacos. Trala división de 1993, os eslovacos residentes na República Checa compoñen cerca de 2% da poboación actual. A fronteira entre a República Checa e a Eslovaquia está aberta para persoas con cidadanía da antiga Checoslovaquia.
Relixión As Leis que estabelecen a liberdade relixiosa foron creadas pouco despois da revolución de 1989, revogando as antigas normativas do goberno comunista. A relixión predominante é a Católica Romana (27% da poboación); unha gran porcentaxe da poboación checa alega ser atea (59%). A comunidade xudía suma algúns miles hoxe; unha sinagoga en Praga é memorial de máis de 80.000 checoslovacos xudeus que foron mortos durante a segunda guerra mundial.
Datos demográficos miniatura|350px|dereita|Evolución demográfica da República Checa desde 1993.
Poboación: 10 211 000 (estimativa de decembro de 2003)
Estrutura de idades: 0-14 anos: 16% (homes: 849.008; mulleres: 805.861) 15-64 anos: 70% (homes: 3 587 968; mulleres: 3 573 171) máis de 65 anos: 14% (homes 543.114; mulleres 867.457) (marzo de 2001)
Taxa de crecemento poboacional: 0,8% (estimativa de 2003)
Taxa de natalidade: 9,2 nacementos/1.000 habitantes (estimativa de 2003)
Taxa de mortalidade: 10,9 mortes/1.000 habitantes (estimativa de 2003)
Taxa de migración: 2,5 migrantes/1000 habitantes (estimativa de 2003)
Proporción por sexo: Ao nacemento: 1,06 home/muller Até 15 anos: 1,05 home/muller 15-64 anos: 1 home/muller máis de 65 anos: 0,63 home/muller poboación total: 0,95 home/muller (estimativa de 2000)
Taxa de mortalidade infantil: 3.9 mortes/1000 nados vivos (estimativa de 2003) Expectativa de vida ao nacer:Poboación total: 74,95 anoshomes: 71,46 anosmulleres: 78,65 anos (estimativa de 2002)
Taxa de fecundidade: 1,18 nenos nacidos/muller (estimativa de 2003) Nacionalidade:Substantivo: Checo ou checo (checo: Čech, plural: Češi ou Čechové)Adxectivo: Checo ou checo (?eská)
Grupos étnicos checos 90%, moravios 3.7%, eslovacos 1.9%, polacos 0.5%, austríacos 0.4%, alemáns 0.4%, silesios 0.1%, xitanos 0.1% (valores oficiais, as estimacións non oficiais chegan a 2%), húngaros 0.1%, outros 2.8% (marzo de 2001) Nota: os moravios e os silesios, posuíndo diferenzas étnicas, culturais, de tradicións e lingüísticas dos checos, non forman unha minoría en termos políticos e as súas porcentaxes son frecuentemente engadidas ao grupo checo. Os resultados aquí presentes reflicten o dereito de calquera individuo de se identificar con calquera nacionalidade ou grupo étnico, como di a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
Relixións: Ateos ou persoas sen relixión definida 59,0%, católicos romanos 26,8%, protestantes 1,1%, husitas 1,0%, outros 12,1% (marzo de 2001)
Idioma Checo e eslovaco (oficiais), alemán.
Grao de alfabetización funcionalPoboación total'': 99.9% (estimativa 1999)
Categoría:Demografía da República Checa