Lakposhtha hâm parvaz mikonand (en , que en galego significa "As tartarugas tamén voan"), é un filme escrito e dirixido polo director de cine iraniano Bahman Ghobadi. Foi o primeiro filme gravado en territorio iraquí dende a caída de Saddam Hussein.

Sinopse Os feitos ocorren antes da invasión de Iraq pola coalición de países liderados polos Estados Unidos, en 2003. Nun campo de refuxiados no Kurdistán iraquí, na fronteira entre Irán e Turquía, os superviventes buscan desesperadamente os cartos necesarios para comprar unha antena parabólica con poder suficiente para coñecer as noticias internacionais sobre a inminente guerra. Os nenos, marcados pola guerra, mutiladas, orfos, famentos, desenraizados, son os que levan a peor parte, forzados a vivir en condicións infrahumanas e a actuar coma adultos, a pesar da súa curta idade. O filme mostra o sufrimento cotián deses mozos, a amizade entre eles, o difícil que é ter que sobrevivir co mínimo e cuxa única forma de obter ingresos para as súas necesidades básicas é desactivar as minas terrestres e vendelas no mercado negro.

Ghobadi dirixiu a película con moitos mozos protagonistas non profesionais que sufriron a dor na súa propia carne, representando as súas experiencias reais, o que fai máis crúa a alegación antibelicista.

Personaxes Soran Ebrahim como "Hollywood" (Kak Satellite). Avaz Latif como Agrin (a nena-nai). Hiresh Feyssal Rahman como Hengov (o manco que ve o futuro). Saddam Hossein Feysal como Pashow (ó que lle faltaba un pé). Abdol Rahman Karim como Riga (o bebé que coida Agrin). Ajil Zibari como Shirkooh (o neno chorón).

Galardóns e nomeamentos 2004: San Sebastián: Cuncha de Ouro á Mellor Película

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Irán propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 77ª edición dos Óscar

Ligazóns externas Ficha en Filmaffinity Ficha en IMDb

Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua kurda Categoría:Filmes de Irán Categoría:Filmes de Iraq Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Bahman Ghobadi Categoría:Filmes sobre a Guerra de Iraq Categoría:Filmes sobre suicidio Categoría:Filmes sobre orfos Categoría:Filmes rodados en Iraq Categoría:Filmes ambientados en 2003 Categoría:Filmes ambientados en Turquía Categoría:Filmes ambientados en Iraq Categoría:Filmes gañadores da Cuncha de Ouro