Angels & Airwaves é un supergrupo estadounidense de rock alternativo, liderado polo guitarrista e vocalista de Blink-182 Tom DeLonge. A banda tamén inclúe ao guitarrista David Kennedy (de Over My Dead Body, Hazen Street e Box Car Racer), ao batería Atom Willard (de The Offspring e Rocket from the Crypt), e ao baixista Matt Wachter (de 30 Seconds to Mars), que substituíu a Ryan Sinn en 2007.

O grupo leva editados catro álbums de estudio ata a data: We Don't Need to Whisper (2006), I-Empire (2007), Love (2010) e Love: Part Two (2011). Tamén lanzaron un documental chamado Start the Machine no ano 2008. O 2 de febreiro do 2011 a banda estreou a película de ciencia ficción Love. Tom Delonge dixo nunha entrevista que a banda está traballando en dúa novas películas con dous álbums de estudio.

Discografía Álbum Ano Selo We Don't Need to Whisper 2006 Geffen Records I-Empire 2007 Geffen Records Love 2010 Geffen Records Love: Part Two 2011 To the Stars Records The Dream Walker 2014 To the Stars Records Lifeforms 2021 Rise Records

Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de San Diego Categoría:Grupos musicais formados en 2005 Categoría:Artistas de Geffen Records Categoría:Supergrupos