James Roberto Johnston (nado o 25 de abril de 1980 en Kilmarnock, East Ayrshire) é un baixista, vocalista e compositor escocés coñecido polo seu traballo coa banda de rock alternativo Biffy Clyro.
Traxectoria Johnston naceu e medrou en Kilmarnock co seu irmán xemelgo Ben (batería de Biffy Clyro), e o seu irmán máis novo Adam Johnston (tecnico de batería da banda).
Comezou a tocar o baixo co seu amigo do colexio Simon Neil e o seu irmán Ben nunha banda chamada Screwfish en 1995. A banda acabaríase convertendo en Biffy Clyro e Simon mudouse a Glasgow mentres Ben e James quedaron en Ayrshire. Ao pouco tempo foron descubertos polo representante Dee Bahl e asinaron coa discográfica Beggar's Banquet no ano 2001.
Categoría:Baixistas de Escocia Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Kilmarnock Categoría:Músicos de Escocia