miniatura|dereita|220px|Caricatura que describe o ensaio dunha canción. Orixinariamente a palabra canción designa calquera texto, xeralmente en verso, cantable, polo que se pode dicir que canción é unha composición musical que contén, como mínimo, unha parte de voz ou melodía vocal, é dicir, con texto, cantado. Normalmente é de curta duración, polo menos se nos atemos ao texto musical, dado que no caso concreto das cancións de xesta e outros tipos de cancións narrativas pode chegar a haber un gran número de estrofas aplicadas a unha mesma música. No caso -que é o máis frecuente- que esta parte vocal soe simultaneamente con outras partes instrumentais, a vocal é a principal, de maneira que, como xénero musical, a canción queda tipificada como música vocal, e as partes instrumentais fan un acompañamento. A canción, pois, é música vocal que pode ter ou non un acompañamento instrumental. Noutros casos, os menos, o acompañamento fano outras voces, neste caso é unha canción a cappella e polifónica.
O texto da canción normalmente chámase a letra. A letra dunha canción habitualmente é un texto poético cunha estrutura métrica de gran regularidade e cunha rima clara. De todos os xeitos, tamén hai exemplos de cancións relixiosas con letra en prosa extraída da Biblia.
Normalmente, as cancións son pensadas pera ser interpretadas por un cantante solista, aínda que tamén as hai -especialmente na denominada canción artística- para dúo, ou trío ou ata para máis voces, nese caso fálase de canción polifónica, o canon é un caso concreto e paradigmático. Tamén é común, no terreo da música clásica, que haxa cancións interpretadas por corais, de modo que a melodía principal a realiza un grupo de voces, habitualmente as sopranos. De igual xeito, é habitual que as cancións polifónicas sexan interpretadas por coros, non a razón dunha persoa e voz por cada parte, senón a razón dun grupo por parte.
Especialmente na música tradicional, a canción adoita ter unha estrutura estrófica -xa sexa con ou sen retorno- de maneira que unha mesma música é cantada sobre unha serie de textos que manteñen similitudes importantes en canto a métrica e rima. Na canción de arte e na canción popular abundan tamén as elaboracións a partir da estrutura estrófica.
A canción, polas súas características, ten un papel esencial na educación musical nas escolas e nas escolas de música, e é a base das numerosísimas asociacións corais que existen en todas as sociedades occidentais.
Na linguaxe coloquial, canción ás veces é unha palabra totalmente xenérica para se referir a calquera tipo de composición musical, incluídas as instrumentais e, xa que logo, sen texto. dereita|miniatura|220px|Grupo escultórico "A canción popular catalá", obra de Miquel Blay, no Palau de la Música Catalana, obra de Domènech i Montaner Evolución Segundo Angelo Marchese e Joaquín Forradellas, a presenza da lírica provenzal e a súa relación coas formas métricas peninsulares foron facendo que, durante o século XV, o termo canción (cançó) fose desprazando ó de cantiga; pero, ó mesmo tempo, aplicándose a módulos e contidos moi diversos, incluso dispares.
No século XVI, século en que estaría presente a canción popular e algúns flocos da lírica trobadoresca, aparecerán da man de Boscán e Garcilaso na península a canción italiana (Dante, Petrarca), descendente da cançó provenzal, e que será denominada canción culta ou petrarquista e que suporá a total desaparición na península das decadentes escolas líricas galego-castelá e castelá-portuguesa.
Esta canción componse dun número indeterminado de estrofas (en Petrarca entre cinco e dez) escritas en versos hendecasílabos, xeralmente combinados con heptasílabos. O esquema fixado na primeira estrofa ha de seguirse obrigatoriamente en tódalas demais. A estrofa -chamada estanza- está repartida en dous bloques ben diferenciados, a ‘fronte’ e a ‘sírima’, unidos entre si por un verso de transición (‘chiave’) que ten a mesma rima có último verso da fronte. A ‘fronte’ divídese en dúas partes iguais ou ‘pés’; a ‘sírima’ pode ser unitaria ou dividirse en dúas partes denominadas ’voltas’. A canción pode cerrarse cunha estrofa breve -máis curta cás estancias- chamada ‘commiato’ ou ‘envío’
Tipo de cancións miniatura|upright|Un trío, acompañado dun laúde en O concerto de Lorenzo Costa (1490). miniatura|upright|The Rolling Stones, grupo de canción popular de estilo rock, en 2006. miniatura|upright|Plácido Domingo, coñecido cantante de xénero lírico. De maneira xenérica, as cancións pódense dividir de formas diversas en función do criterio adoptado. Un primeiro criterio, sería por xéneros. De todos os xeitos, tamén a canción como tal pode ser considerada un xénero, tanto como as outras clasificacións que se propoñen a continuación, tamén. Este criterio daría lugar a tres grandes bloques: Canción artística, vinculada á música clásica. Canción popular, nos ámbitos da música popular e non só da música pop; tamén o rock etc. Canción tradicional ou folclórica. Malia esta distinción, tamén hai que entender que en cada un destes ámbitos, pero especialmente no da música clásica, a canción ten un carácter máis popular que outros xéneros.
Un segundo criterio, en referencia á temática xeral do texto, dá unha división entre: Canción relixiosa. Canción profana.
Estes dous tipos de textos repártense de xeitos moi desiguais entre os diferentes xéneros. Así, por exemplo, hai moi poucas cancións populares de temática relixiosa.
En función de se son acompañadas e como o son tamén podemos establecer estas tipoloxías: Canción con acompañamento, normalmente instrumental. Canción con melodía soa, sen acompañamento. Canción sen acompañamento, a capela. Canción polifónica.
Tamén é útil a distinción segundo a función que realiza cada canción. Así, atopamos, entre moitas outras: Cancións de traballo, case todas elas no dominio das cancións tradicionais. No ámbito dos afroamericanos dos Estados Unidos esas cancións coñécense internacionalmente como worksongss. Cancións de baile, tanto na música clásica como no folclore e, sobre todo, a música moderna. Nanas, un tipo de canción que se orixina no folclore, que é onde ten a súa función principal e primixenia, e que posteriormente foi adoptado tanto pola canción clásica como a popular. Panxoliña, unha canción de tema relixioso, vinculada ao Nadal. Canción narrativa, entre as que hai, por exemplo, os romances. Canción improvisatoria, canción na que, normalmente, se utiliza un ou máis patróns melódicos sobre os que se improvisan textos. Son un exemplo as corrandas. Canción infantil, unha tipoloxía que foi bastante ben estudadaShehan Campbell, Patricia (1990): Songs in their heads. Music and its meaning in Children's Lives. OUP USA. pero que nos últimos tempos sufriu grandes cambios.Postman, Neil; Andreu, Pepi (1990):A desaparición da niñez. Vic. Eumo. ISBN 84-7602-130-5
No caso da canción artística e a canción popular, tamén se estilan e son útiles as clasificacións que teñen que ver cos estilos, tendo en conta que algúns estilos son e foron máis propensos que outros na composición, interpretación e -en xeral- uso das cancións.
A combinación de todos estes elementos dá lugar a moitos tipos diferentes de cancións, algúns dos cales teñen nomes propios. Algúns deles, a modo de exemplos, son: Lied, con varios significados segundo o estilo e a cronoloxía aos que pertence, pero sempre baixo o común denominador dun texto en lingua alemá, Chanson, unha palabra baixo o cal tamén coexisten tipos moi diferentes de cancións compostas en momentos moi diversos, pero sempre cun texto en francés. Canción protesta. Himno, nos casos -os máis frecuentes- que conteñan un texto. Canción artística dereita|miniatura|220px|"La Mist' en Lare", (páxina 1 de 2); partitura con ilustracións proveniente do cancioneiro infantil francés Vieilles Chansons pour les Petits Enfants: Avec Accompagnements, de Charles-Marie Widor (música) e Louis-Maurice Boutet de Monvel (ilustracións)
Enténdese como canción artística a que se dá no terreo da música clásica, que está pensada de maneira que a súa interpretación teña valor estético e social por si mesma, sen que faga ningunha outra función, é dicir, en concertos públicos e outros eventos similares.
Habitualmente, neste ámbito, as cancións son para unha soa voz, con acompañamento dun ou máis instrumentos. Hai instrumentos que é especialmente habitual atopalos facendo esta función. Son, sobre todo, os instrumentos harmónicos ou polifónicos de teclado, como o piano, o órgano (antes no terreo da música relixiosa), o harmonio, o clavicémbalo; de corda pulsada da familia dos laúdes, como o mesmo laúde, a guitarra, a vihuela etc., ou ata a arpa. Noutros casos son conxuntos instrumentais os que fan este acompañamento, especialmente, destacan o cuarteto de corda e a orquestra, aínda que tamén hai outras posibilidades, por exemplo: Johannes Brahms: dous Lied para contralto, viola e piano; Joseph Haydn: as súas coleccións de cancións tradicionais británicas harmonizadas para voz con acompañamento de trío de piano, violín e violoncello; Franz Schubert escribe o seu lied Der Hirt aus dem Felsen para voz, clarinete e piano.
Outras cancións, en terreos máis fronteirizos entre a música clásica e a música popular, empregaron outros tipos de acompañamento, por exemplo a Big Band, propia do jazz.
Como a maior parte da música clásica, dentro da cal se inscribe, a canción de arte normalmente require un adestramento vocal importante, así como habilidades na lectura da notación musical dado que a súa forma natural de vehiculación primaria é a partitura.
É habitual que a letra sexa debida a un poeta, normalmente recoñecido, e que a música sexa dun autor diferente. Poucas veces a autoría de ambas facetas coincide nunha mesma persoa. Nalgunhas épocas e contextos culturais, abundaron as poesías creadas coa expectativa de que chegase a circunstancia de que algún músico as convertera en cancións. Pero isto é máis propio dalgúns momentos e xéneros; son exemplos especialmente claros o Lied romántico ou o madrigal renacentista e outros xéneros menores derivados deste.
A denominación xenérica deste tipo de canción noutras linguas é art song en inglés e Kunstlied en alemán, denominacións que significan exactamente canción de arte ou artística, unha denominación que non está moi estendida noutras linguas.
Aínda que hai un número importante de cancións artísticas que seguen unha estrutura estrófica máis ou menos modificada, tamén se atopan outras estruturas de maior complexidade, aínda que neste aspecto da complexidade as tipoloxías de música vocal denominadas canción sempre queda lonxe das músicas designadas como arias.
A canción na Idade Media dereita|miniatura|220px|Primeira páxina do Cantar de Roldán no manuscrito conservado en Oxford Aínda que algúns dos tipos de música vocal medieval entran ben dentro da definición máis xenérica de canción, non é habitual atoparse as tipificadas como tales. Entre estas estarían as melodías de canto gregoriano e do resto de cantos litúrxicos medievais, os cales poden ser considerados maioritariamente como cancións monódicas aínda que normalmente non reciban de xeito específico esta denominación, xa que a miúdo fixéronse acompañamentos diversos que non aparecen consignados nos códices que conteñen este repertorio, e que probablemente debían ser improvisados.
Pero, en cambio, adoitan ter a consideración de cancións algúns tipos de composicións que se deron no ámbito da música profana. Entre as máis importantes están: A Canción de xesta. A canción trobadoresca. De feito, os trobadores cultivaron un gran número de xéneros de música vocal, cancións todas elas en sentido amplo. Un destes xéneros era a cansó, ou chansó, ou tamén canción.Riquer, Martí de (1975): Los trovadores: historia literaria y textos. 3 vol. Barcelona: Planeta.