miniatura|A escultura „Der sterbende Häftling“ (O prisioneiro morrendo), de Françoise Salmon. O Campo de concentración de Neuengamme foi un campo de concentración nazi creado polas SS en 1938 preto da vila de Neuengamme, no distrito de Bergedorf da cidade de Hamburgo, Alemaña. Estivo en funcionamento desde 1938 até 1945. Cara a fin da guerra, máis da metade dos seus 106.000 internos morreran. Despois de ser usado por dúas prisións entre 1948 e 2004 polas autoridades de Hamburgo, o lugar hoxe serve como monumento. Atópase a 15 km do centro de Hamburgo, na zona de Vierlande.

Vítimas miniatura|Un sobrevivente polaco enfermo no campo de concentración de Hannover-Ahlem recibe a medicina dun traballador alemán da Cruz Vermella. Os presos eran de 28 nacionalidades (soviéticos (34.350), polacos (16.900), franceses (11.500), alemáns (9.200), holandeses (6.950), belgas (4.800), daneses (4.800), e tamén da comunidade xudía local, pero tamén se inclúen os comunistas, homosexuais, prostitutas, xitanos, Testemuñas de Xehová, prisioneiros de guerra e outros moitos grupos perseguidos. Dos 106.000 presos case a metade morreron. 20.400 vítimas, listadas por nome no monumento de Neuengamme, morreron no campo de concentración e nos subcampos. Na actualidade estímase que 26.800 presos morreron alí. Durante os derradeiros días do campo e a "evacuación" morreron preto de 17.000 persoas. Polo menos a cantidade de 42.900 vítimas pode ser verificada.

Poboación interna PaísHomes Mulleres Promedio Unión Soviética 28.4505.90034.350Polonia13.0003.90016.900Francia11.00050011.500Alemaña8.8004009.200Holanda 6.6503006.950Bélxica 4.5003004.800Dinamarca 4.800-4.800Hungría 1.4001.2002.600Noruega 2.200-2.200Iugoslavia1.4001001.500Checoslovaquia 8005801.380 Grecia 1.250-1.250Italia 850-850España 750-750Austria 30020320Luxemburgo 50-50Outros países1.3003001.600Promedio 87.50013.500101.000Non clasificados--5 000Promedio total --106.000Mortos na deportación--55.000

Entre o 13 de decembro de 1938 e o 4 de maio de 1945 resultou morto arredor do 52% da poboación de tódolos kommandos dependentes de Neuengamme.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Campo de concentración de Wöbbelin

Ligazóns externas Páxina oficial do monumento de Neuengamme

Neuengamme