Débora Campos Vázquez, nada en Buenos Aires en 1973, é unha xornalista arxentina de expresión galega.

Traxectoria Filla de galegos, formouse en Ciencias da Comunicación na Universidade de Buenos Aires. Traballou como xornalista en medios como Clarín, El Día, Página 12, Vieiros ou a Radio Galega. Profesora de xornalismo na universidade bonaerense, é dinamizadora de actividades culturais galegas en Buenos Aires. Entre 2009 e 2012 foi membro da executiva da Asociación Internacional de Estudos Galegos e dende setembro de 2012 é a súa presidenta.

O 25 de marzo de 2011 foi elixida académica correspondente da Real Academia GalegaA RAG elixe a Xosé Luis Regueira como novo académico de número , Xornal de Galicia, 25/03/2011..

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Blog da xornalista e escritora

Categoría:Xornalistas da Arxentina Categoría:Blogueiros Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores da Arxentina Categoría:Arxentinos de ascendencia galega Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1973 Categoría:Alumnos da Universidade de Buenos Aires Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes