Daniel Diges García, nado en Alcalá de Henares (Madrid) o 17 de xaneiro de 1981, é un actor e cantante español. Foi o representante de España no Festival de Eurovisión en 2010.
Deuse a coñecer interpretando a David, Gato, na serie xuvenil de Antena 3 Nada es para siempre, entre 1999 e o 2000.
Traxectoria profesional Tras comezar a súa carreira no teatro, na compañía Teatro Escuela Libre de Alcalá de Henares (TEA), pasou á publicidade. traballou en diferentes series infantís como o Club Megatrix (1995), de onde pasou á serie adolescente Nada es para siempre na cal, ao longo de douscentos setenta e cinco capítulos (1999-2000), interpretou o novo Gato, íntimo amigo do tamén actor adolescente Carlos Castel.
Apareceu en coñecidas series da pequena pantalla como Ana y los siete, Hospital Central ou Aquí no hay quien viva (interpretando a DJ Gayumbo), así como no programa Max Clan (2003-2004), no que interpretaba o papel de Max, o líder dunha estraña tribo urbana.
En 2005 pasou á serie Agitación + IVA e máis tarde ao teatro (2006) onde actuou na obra En tu fiesta me colé, como Colate e en Hoy no me puedo levantar interpretando a Mario. En 2007 participou no musical de Queen 'We will rock you' interpretando a Galileo.
En 2008 protagonizou o musical High School Musical interpretando a Troy. En 2009 e principios de 2010 interpreta o personaxe de Sky en 'Mamma Mia!'.
En novembro de 2010, estréase unha nova versión do musical Los Miserables en Madrid, no que participa Daniel.
Eurovisión 2010
Presentouse como candidato para representar a España no Festival de Eurovisión 2010 co tema "Algo pequeñito", canción composta por Jesús Cañadilla e con arranxos e produción de Alejandro de Pinedo. Quedou entre os dez primeiros nas votacións da web que fixo RTVE, o cal lle dió dereito a participar na final española.
Esta final realizouse en La 1 de TVE, no programa especial Destino Oslo que se celebrou o 22 de febreiro de 2010, e por votación do xurado e do público, gañou a preselección e representou a España o 29 de maio de 2010 en Oslo. A pesar de que un espontáneo (o popularmente coñecido como Jimmy Jump) saltou ao escenario e desluciu a interpretación durante vinte segundos, Diges e os seus bailaríns continuaron coa canción coma se nada ocorrese. Finalmente, a Unión Europea de Radiodifusión pediu desculpas e anunciou que España repetiría a súa actuación tras a última canción da noite. Nas votacións, Diges ocupou o décimo quinto posto con 68 puntos e o voto de 14 países, recibindo un 12 de Portugal e un 8 de Lituania como máximas puntuacións. Máis adiante, ao publicarse os resultados desagregados de xurado e televoto, saberíase que o televoto en solitario situoulle en 12º lugar con 106 puntos, mentres que o xurado en solitario situoulle en 20º lugar con 45 puntos.O televoto valora mellor que o xurado a actuación de Daniel Diges en Eurovisión 2010.
Carreira discográfica En marzo de 2010 Daniel Diges asinou un contrato coa discográfica Warner para gravar un álbum no estilo dos crooners. O álbum homónimo Daniel Diges, publicado o 18 de maio de 2010, está producido polo compositor e produtor Óscar Gómez e inclúe dúas versións de "Algo pequeñito", cancións compostas polo propio Diges e adaptacións de temas de Billy Joel, Michael Bublé ou Robbie Williams, entre outros.
Discografía Álbums de estudio Daniel Diges (2010)
Sinxelos 2010: "Algo Pequeñito" 2010: "Rápido" 2010: "Momentos de Navidad"
Premios Premio Nacional de Teatro 2009 como Mellor Actor de Musicais. Premio Nacional de Teatro 2010 como Mellor Actor de Musicais. Premio "Gran Vía de los musicales" como mellor actor revelación polo personaxe protagonista "Mario" en "Hoy no me puedo levantar".
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web oficial de Daniel Diges Vídeo da actuación de Daniel Diges no programa Destino Oslo de La 1 de TVE, en YouTube
Categoría:Cantantes de España Categoría:Actores da Comunidade de Madrid Categoría:Representantes de España en Eurovisión