María Rosa Marco Poquet, coñecida artisticamente como Salomé, nada en Barcelona o 21 de xuño de 1939, é unha cantante española residente en Valencia. É unha das dúas únicas cantantes españolas gañadoras do Festival de Eurovisión.
Traxectoria Comezou a súa carreira en Radio Barcelona. Desde entón continuou a súa carreira musical compaxinándoa coa súa faceta como presentadora de televisión. Foi abreconcertos de Frank Sinatra. Ata 1963 gravou máis de corenta cancións para as casas discográficas Iberofón e Zafiro. En 1962 xa gañara o Festival do Mediterráneo co tema "Se'n va anar", en catalán. Actuou tamén no Festival de Valencia e o Festival do Douro onde obtivo o premio de interpretación. Gravou numerosos discos con varias casas discográficas, como Belter e Iberofón. En 1969 casou con Sebastián García. Gravou numerosos temas en catalán e castelán, entre os máis coñecidos "Quinientas millas", "L'arbre", "Bésame mucho", "Com el vent", "L'emigrant", "Puedo morir mañana", "Isla del amor" o "Esperaré".
Gañou representando a España o Festival de Eurovisión de 1969 coa canción "Vivo cantando", composta por María José Cerato, con letra de Aniano Alcalde. Compartiu o primeiro premio con Lulu (Reino Unido), Frida Boccara (Francia) e Lenny Kuhr (Holanda). Recibiu o galardón en Madrid de mans da tamén española Massiel, gañadora do ano anterior.
O seu vestido na posta en escena, deseñado por Pertegaz para a ocasión, pesaba 14 quilos e estaba composto por pezas de porcelana azul turquesa e tres colares de 1 quilo cada un. Salomé gravou "Vivo Cantando" en 8 idiomas diferentes (español, catalán, éuscaro, francés, alemán, italiano, inglés, e serbocroata).
Aparcou a súa carreira musical pouco logo de contraer matrimonio. Actualmente actúa como colaboradora en Matí, Matí, un magazine matinal de Canal 9, a cadea autonómica da Comunidade Valenciana.
Discografía Sinxelos seleccionados: 1967-1977 Se'n va anar / Si vols Esperame / Recuérdame / Puedo morir mañana / Cuando estoy contigo Puedo morir mañana / Esperaré La santa espina / Tot dansant Vivo Cantando / Amigos, amigos Una música / Tens la nit Dónde están / Déjame volver Com el vent / Les teves mans El jinete / ¿Sabes que tengo ganas?
Recompilacións seleccionadas: Salomé 1962-1963 2 CD
Véxase tamén Ligazóns externas Salomé logrou o imposible. Crónica de La Vanguardia
Categoría:Cantantes de España Categoría:Representantes de España en Eurovisión Categoría:Gañadores de Eurovisión Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1939