miniatura|Raimbaut de Vaqueiras compuxo un descordo plurilingüe, usando o galego-portugués, entre outras linguas. O descordo é un subxénero da lírica, consistente nunha composición caracterizada polas discordancias formais. Exemplos

Un descordo espectacular é o descordo do trobador Raimbaut de Vaqueiras, titulado Eras quan vey verdeyar, no cal o 'desacordo' xorde nas linguas: a primeira cobra está escrita en provenzal, a segunda en italiano, a terceira en francés, a cuarta en gascón e a quinta en galego-portugués, e ademais estas linguas reaparecen en dous versos dos dez que constitúen a última.

O único descordo coñecido en lingua galegao-portuguesa é "Agora me quer’eu ja espedir", de Nuno Eanes Cerzeo, con tres partes diferenciadas. Dunha banda catro estrofas de hendecasílabos, de cinco versos a primeira e seis as outras tres; doutra banda nove estrofas a modo de codia con finda, á súa vez con dúas partes distinguidas. No último verso emprega a metaliteratura, ao expresar o xénero da peza coa frase "e meu discord' acabarei"..

Un exemplo contemporáneo deste xénero é o "Mester de vixilia", de Arcadio López-Casanova. Notas

Categoría:Lírica