As eleccións presidenciais de Polonia 2010 determinaron quen ía exercer a presidencia polaca de 2010 a 2015. A primeira rolda ocorreu o 20 de xuño, mais, como ningún candidato tivo maioría absoluta de votos, realizouse unha segunda volta o 4 de xullo, sendo finalmente elixido Bronislaw Komorowski. No momento das eleccións, Komorowski xa exercía o cargo de Presidente interino de Polonia, substituíndo a Lech Kaczyński, morto en abril de 2010, nun accidente aéreo cerca da base aérea de Smolensk. O irmán de Lech Kaczyński, Jarosław Kaczyński, foi o outro candidato que acompañou a Komorowski na segunda volta.
Contexto As eleccións adiantáronse cerca de tres meses debido á morte do Presidente Lech Kaczynski, que ademais aspiraba concorrer á reelección. O senador Jerzy Szmajdzinski, pre-candidato presidencial para a Alianza da Esquerda Democrática, tamén morreu no accidente aéreo.
Despois de falecer o Presidente o 10 de abril de 2010, a Constitución determinaba que o voceiro do Sejm, Bronislaw Komorowski, anunciara nun prazo de dúas semanas a convocatoria de eleccións no prazo de 60 días.
22 candidatos presentáronse ante a Comisión Nacional Electoral co requisito de mil sinaturas de apoio, pero despois a maioría dos candidatos foron marxinados das eleccións por non cumprir o requisito final para recoller cen mil sinaturas antes do 26 de maio.
Resultados Primeira volta
Partido/Alianza Candidato Primeira volta: 20 de xulo de 2010 Votos Porcentaxe Plataforma Cívica 40px Bronisław Komorowski 6 981 319 41'54 % Lei e Xustiza 40px Jarosław Kaczyński 6 128 255 36'46 % Alianza da Esquerda Democrática 40px Grzegorz Napieralski 2 299 870 13'68 % Wolność i Praworządność 40px Janusz Korwin-Mikke 416.898 2'48 % Partido Popular Polaco 40px Waldemar Pawlak 294.273 1'75 Independente 40px Andrzej Olechowski 242.439 1'44 % Autodefensa da República de Polonia Andrzej Lepper 214.657 1'28 % Dereita da República Marek Jurek 177.315 1'06 % Partido Polaco do Traballo 40px Bogusław Ziętek 29.548 0'18 % Loitando por Solidariedade 40px Kornel Morawiecki 21.596 0'13 % 40px Total votos válidos 16 806 170 100 % Fonte: Comisión Electoral Nacional de Polonia.
miniatura|esquerda|300px|Resultados da primeira volta por Voivodías miniatura|centro|300px|Resultados da primeira volta por Powiats
Segunda volta
Partido/Alianza Candidato Segunda volta: 4 de xullo de 2010 Votos Porcentaxe Plataforma Cívica 40px Bronisław Komorowski 8 933 887 53'01 % Lei e Xustiza 40px Jarosław Kaczyński 7 919 134 46'99 % 40px Total votos válidos 16 853 021 100 %
miniatura|esquerda|300px|Resultados da segunda volta por Voivodías miniatura|centro|300px|Resultados da segunda volta por Powiats
Notas
Véxase tamén Outros artigos Presidente de Polonia
presidenciais Categoría:Eleccións celebradas en 2010