O Football Club Shakhtar Donetsk (en ucraíno: Футбольний клуб «Шахтар» Донецьк) é un club profesional de fútbol da cidade de Donetsk en Ucraína. Fundado no ano 1936, compite na Liga Premier de Ucraína, torneo que gañou 13 veces, nos anos 2002, 2005, 2006, 2008, 2010, 2011 e 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019, 2020.
Tamén gañou a Copa da UEFA no ano 2009, 13 Copas de Ucraína e 4 Copas da URSS.
Estadio O equipo xoga os seus partidos como local no novo estadio Donbass Arena, con capacidade para 70.050 persoas, que foi inaugurado en 2009. Este estadio foi construído para acoller encontros da Eurocopa 2012.
Xogadores Cadro actual Datos do 23 de setembro de 2022."FC Shakhtar first team | FC Shakhtar Donetsk official site
Palmarés Torneos ucraínos Premier Liha Campións (16): 2001–02, 2004–05, 2005–06, 2007–08, 2009–10, 2010–11, 2011–12, 2012–13, 2013–14, 2016–17, 2017–18, 2018–19, 2019–20, 2022/23, 2023/24, 2025/26
Copa de Ucraína Campións (14): 1994–95, 1996–97, 2000–01, 2001–02, 2003–04, 2007–08, 2010–11, 2011–12, 2012–13, 2015–16, 2016–17, 2017–18, 2018–19, 2023/24
Supercopa de Ucraína Campións (9): 2005, 2008, 2010, 2012, 2013, 2014, 2015, 2017, 2021
Torneos soviéticos Copa da Unión Soviética Campións (4): 1961, 1962, 1980, 1983
Primeira Liga Campións (1): 1954
Supercopa da Unión Soviética (torneo non oficial como Supercopa) Campións (1): 1984
Torneos europeos Copa da UEFA Campións (1): 2008–09
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do FC Shakhtar Donetsk