Inmaculada Otero Varela, tamén coñecida como Inmaculada Otero ou Inma Otero, nada en Carral o 30 de xuño de 1976, é unha filóloga e ensaísta galega.
Traxectoria Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña (1994-1998) e Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela (1998-2000). Obtivo o Diploma de Estudos Avanzados nesta última universidade no 2002 co traballo de investigación A narrativa experimental galega dos 80 e 90: un achegamento ao posmodernismo, no que tivo como titora a Dolores Vilavedra. Traballou no Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, pertencente ao Consello da Cultura Galega (2002-2003), para posteriormente ser Lectora de Lingua e Cultura Galega na Universidade de Roma La Sapienza (2003-2008). Traballa como profesora de Lingua e Literatura Galega no IES David Buján de Cambre. Colabora como crítica literaria no suplemento Sermos de Nós Diario, en Grial e na web italiana «Insula Europea».
É secretaria do Padroado da Fundación Euseino?
Obras Ensaio
Criminal, Eu é. Dúas novelas de Xurxo Borrazás (2000). Santiago: Sotelo Blanco. ISBN 84-7824-365-8. O posmodernismo no sistema literario galego (2007). Universidade de Santiago. Tesiña. A ficcionalización do eu: autoría e protagonismo das mulleres na literatura (2014). Euseino? Editores. En «Anotacións sobre literatura e filosofía», nº 6 O obxecto muller e o xiro ontolóxico (2021). Vigo: Euseino? Editores. 168 páxs. ISBN 978-84-121580-6-9. A materialidade das fillas de Lupa. Obxectos ficcionais femininos na narrativa galega (2022). Vigo: Xerais. 152 páxs. ISBN 978-84-1110-171-4. ePub: ISBN 9978-84-1110-172-1.
Tradución Emerxencia, de Maurizio Ferraris (2017). Euseino? Editores. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha da autora en Euseino?
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Filólogos de Galicia Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Carral Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela