El Regionalista foi un periódico editado en Chantada entre 1923 e 1924.

Historia e características Apareceu en xaneiro de 1923 como continuación da liña política de Leonardo Rodríguez.El Progreso, 5-1-1923, p. 2.El Correo Gallego, 7-1-1923, p. 2.La Región, 9-1-1923, p. 2. Subtitulado Semanario de Chantada, Revista quincenal chantadina (a partir do número 36) e Revista mensual chantadina, variacións segundo a súa periodicidade, estaba dirixido por José Costa Figueiras e contiña novas políticas, actualidade e temas de interese local e galego. Ocupábase tamén da emigración, a literatura galega e a exaltación dos galegos ilustres, especialmente dos políticos máis preocupados por Galicia como Basilio Álvarez, Gerardo Doval, Leonardo Rodríguez ou Pere Garcia Fària. Entre os seus colaboradores figuraban Ramón Fernández Mato, Antonio Vázquez Campo, José María Cibeira e Xavier Bóveda. Cesou a súa publicación o 1 de xaneiro de 1924, co número 43.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo

Categoría:Prensa escrita de Chantada Categoría:1923 en Galicia