SG WallauNome do club SG Wallau-MassenheimFundado1 de agosto de 1975PavillónLändcheshalle Wallau, WallauCapacidade800AdestradorThomas SchererLigaOberligaEquipamentosLocal Visitante O SG Wallau-Massenheim é un equipo de balonmán da localidade de Wallau (Hofheim), Alemaña. Actualmente compite na Oberliga-Hessen.

O club foi fundado o 1 de agosto de 1975 e viviu unha época dourada a principios dos '90, cando gañou dúas Bundesligas consecutivas, dúas Copas de Alemaña tamén consecutivas, unha Copa IHF (derrotando na final ao SKA Minsk belaruso) e mesmo disputou a final da Copa de Europa de 1993, caendo fronte ao RK Zagreb croata. A pesar deste éxito, o equipo está actualmente lonxe da elite, disputando competicións rexionais.

Palmarés Títulos internacionais 1 Copa IHF: 1992

Títulos nacionais 2 Handball-Bundesliga: 1992 e 1993 2 Copas de Alemaña: 1993 e 1994

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Wallau