Floyd "Red Crow" Westerman, tamén coñecido como Kanghi Duta ("Corvo vermello" en galego) nado en Dacota do Sur o 17 de agosto de 1936 e finado nos Ánxeles o 13 de decembro de 2007, foi un músico, político e actor síux. Despois dunha longa carreira como cantante de música country, nos derradeiros anos da súa vida, adicouse á interpretación, actuando en numerosos filmes de nativos americanos no cine e na televisión. Tamén traballou como político activista loitando polas causas dos nativos americanos.
Traxectoria Antes de comezar a traballar no cine e na televisión, Westerman tiña unha gran reputación como cantante de country. Durante a súa carreira de músico, Westerman colaborou con Jackson Browne, Willie Nelson, Bonnie Raitt, Harry Belafonte, Joni Mitchell, Kris Kristofferson, e Buffy Sainte-Marie. Na década dos 1990s, cantou con Sting para recadar fondos para a conservación dos bosques primarios.
Westerman debutou no cinema en Renegades (1989), pero acadou maior sona no seu papel do "Xefe Dez Osos" en Dances with Wolves (1990), e no filme de Oliver Stone The Doors (1991). En setembro de 2007, Westerman remata o seu último traballo cinematográfico no filme Swing Vote (2008).
As súas aparicións en televisión inclúen o papel do "Tío Ray" en Walker, ranger de Texas, "O que agarda" en Northern Exposure, e múltiples aparicións como "Albert Hosteen" en The X-Files.
Westerman é recoñecido pola súa vocación política pola defensa das causas dos nativos americanos. El participou no American Indian Movement.
Filmografía Powwow Highway (1989; voz) Renegades (1989) Dances with Wolves (1990) Son of the Morning Star (1991) The Doors (1991) Clearcut (1991) Rio Shannon (1993) The Broken Chain (1993) Lakota Woman: Siege at Wounded Knee (1994) 500 Nations (voz; 1995) Buffalo Girls (1995) Siringo (1996) The Brave (1997) Dusting Cliff 7 (1997) Grey Owl (1998) Graduation Night (2003) Atlantis: Milo's Return (voz; 2003) Dreamkeeper (2003) Hidalgo (2004) Truth and Dare... Tillamook Treasure (2006) Comanche Moon (2008) Swing Vote (2008)
Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Dacota do Sur Categoría:Actores nativos americanos Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Activistas dos Estados Unidos de América Categoría:Activistas nativos americanos Categoría:Pobo dakota Categoría:Membros do American Indian Movement Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Nados en Dacota do Sur Categoría:Finados por leucemia