Michel Joseph Martelly, nado o 12 de febreiro de 1961 en Port-au-Prince, máis coñecido como Sweet Micky, é un músico e político haitiano.

Traxectoria Carreira musical Fillo dun capataz dunha industria petrolífera, Martelly aprendeu a tocar o piano de maneira autodidacta. Despois de tentar estudar Medicina sen éxito, comezou a estudar Ciencias, pero deixou a universidade sen rematar a carreira, e alistouse na Academia Militar de Haití, de onde tivo que liscar logo de deixar embarazada a filla dun xeneral.Balmaseda, Liz. The Sweet Life of Michel Martelly . Palm Beach Post. 12 de xuño de 2007. Consultado o 3 de febreiro de 2011. Emigrou aos Estados Unidos logo de casar cunha cidadá dese país, e seis meses despois regresou a Haití divorciado, en 1986. Volveu emigrar aos Estados Unidos cunha moza, coa que tivo o seu primeiro fillo en Miami, pero aos poucos meses regresa a Port-au-Prince, onde comeza a tocar os teclados en locais nocturnos.

Foi un dos primeiros en tocar kompa, un estilo de música de baile caribeño, cantado en crioulo haitiano. Nesas é cando lanza a súa banda, Sweet Micky, e comeza a labrar unha sona como performer, dando concertos provocadores e empregando letras satíricas inzadas de comentarios sociopolíticos. En 1988 gravou o seu primeiro álbum en solitario, Ooo La La, que foi un grande éxito, e ao ano seguinte Konpas Foret des Pins. Dende entón Martelly gravou catorce álbums, ata que anunciou a súa retirada en 2006. Porén, en 2008 regresaba aos escenarios.

Discografía TítuloDataDiscográficaWoule Woule1989Anba Rad La1990The Sweetest1992Men Koze-A1993I Don't Care1994Pa Manyen1995Tout Ce Mately1996Aloufa1997100.000 Volts1998Dènye Okazyon1999'SiSiSi2001Totot2003GNB2005Bandi Legal2008

Política Situado á dereita do espectro político, ten vencellos cos partidarios do golpe de estado de 1991, que derrubou o presidente Jean-Bertrand AristideWadner, Pierre. "Michel Martelly, Stealth Duvalierist" The Dominion. 16 décembre 2010.Ackerman, Elise. "His Music Rules in Haiti: Sweet Micky's provocative music moves Haitians with an infectious beat and political overtones". Miami New Times. 29 mai 1997. De feito, o club que rexentaba era o centro de actividade nocturna de boa parte dos militares golpistas.

En xullo de 2010 anunciou a súa candidatura ás eleccións lexislativas e presidenciais de Haití pola formación Repons Peyizan. Despois de quedar terceiro por unha presada de votos (co 21.84%), pasou á segunda rolda logo de que o segundo clasificado, Jude Célestin tivera que retirarse logo de acusacións de fraude masiva. Na segunda volta enfrontouse a Mirlande Manigat o 20 de marzo de 2011, e resultou elixido presidente de Haití por unha ampla diferenzaHaiti: Michel Martelly 'defeats' Mirlande Manigat, ''BBC News, 5/4/2011..

O 8 de febreiro de 2016, deixou o cargo, sen que aínda houbera sucesor despois de que, debido á tensión social, houbera que suspender a segunda volta das eleccións presidenciaishttp://es.euronews.com/2016/02/08/michel-martelly-deja-la-presidencia-de-haiti-sin-que-se-haya-designado-a-su/.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Facebook de Michel Martelly

Categoría:Músicos de Haití Categoría:Presidentes de Haití Categoría:Nados en Porto Príncipe Categoría:Nados en 1961