O Ipswich Town Football Club é un equipo de fútbol profesional de Inglaterra con base en Ipswich, Suffolk. Desde 2007 xogan no Football League Championship, que é a segunda categoría do fútbol inglés. A súa última aparición na FA Premier League deuse na tempada 2001-2002.
Historia O club foi fundado en 1878 pero non se converteu en profesional ata 1936, e pouco despois foron elixidos para unirse á Football League en 1938. O Ipswich Town conquistou a Liga inglesa na tempada 1961-62, e conseguiron 2 subcampionatos. Gañaron a Copa de Inglaterra en 1978 e a Copa da UEFA en 1981.
Uniforme Uniforme titular: Camiseta azul, pantalón branco e medias azuis. Uniforme alternativo: Camiseta branca, pantalón negro e medias brancas.
Palmarés Torneos nacionais Football League First Division (1): 1961-62 Copa de Inglaterra (1): 1977-78 Football League Second Division (3): 1960-61, 1967-68, 1991-92 Football League Third Division South (2): 1953-54, 1956-57
Torneos internacionais Copa da UEFA (1): 1980-81
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos de fútbol de Inglaterra