, nado o 14 de xullo de 1935Dr. Ei-ichi Negishi (en inglés)) en Changchun, é un químico xaponés que realizou a maior parte da súa carreira na Universidade Purdue, Estados Unidos. Coñécello polo descubrimento do axuste de Negishi. Foi galardoado en 2010 co Premio Nobel de Química «por desenvolver reaccións químicas con catalizadores de paladio para crear compostos químicos sofisticados» xunto con Richard Heck e Akira Suzuki.

Traxectoria Negishi naceu en Changchun, baixo control xaponés, capital do imperio de Manchukuo, agora a capital da provincia de Jilin na República Popular da China. Graduouse na Universidade de Tokyo en 1958, e realizou un internado na empresa química e farmacéutica Teijin. Foise a estudar aos Estados Unidos e obtivo o seu doutoramento da Universidade de Pensilvania en 1963 baixo a supervisión do profesor Allan R. Day. En 1966 converteuse nun investigador postdoctoral na Universidade Purdue, e converteuse en profesor asistente en 1968, traballando co galardoado premio Nobel Herbert C. Brown. En 1979 foi nomeado profesor na Universidade de Syracuse. Nese mesmo ano, regresou á Universidade Purdue.

No ano 2000 foi galardoado co premio da Royal Society of Chemistry Sir Edward Frankland Lectureship''.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2010 Biografía na páxina do Instituto Nobel 2010 Perfil de Ei-ichi Negishi en NNDB

Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Químicos do Xapón Categoría:Nados en 1935 Categoría:Nados en Jilin Categoría:Premios Nobel do Xapón Categoría:Alumnos da Universidade de Tokyo