La Opinión foi un xornal editado en Pontevedra entre 1884 e 1899.

Historia e características Subtitulado Periódico de intereses generales, noticias y anuncios, apareceu o 15 de xullo de 1884. Fundado por José Millán e dirixido por Valentín Peña, entre os seus colaboradores estaban Rogelio Lois Estévez e Xoán Cuveiro Piñol, que publicou o folletín Pedro Madruga (drama histórico nun auto e tres coadros). A partir de 1896 comezou unha segunda época e cambiou o seu subtítulo por Diario de Pontevedra. A partir de marzo de 1898 editou o suplemento El Obrero: Órgano de la Asociación protectora del obrero, que aparecía os luns.El Eco de Santiago, 11-3-1898, p. 2. Cesou a súa publicación en decembro de 1899.Revista Gallega, 244, 14-1-1900, p. 6.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:1884 en Galicia