Os peidos de lobo, tamén coñecidos coma fungos de sapo e bufos de vellaDiccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000 son nomes comúns de varios fungos (basidomicetos) da familia das licoperdáceas de corpo frutífero globoso, abrancazados por fóra e que poden chegar aos 24 cm de diámetro, ao principio cheos dunha gleba branca, maciza (comestíbel) que ao madurecer se transforma nun po pardo formado polas esporas.

En inglés coñécense co nome de puffball. Inclúen os xéneros Calvatia, Calbovista e mais Lycoperdon. Todas os falsos peidos de lobo son tóxicos, ademais de xotos e de gusto amargo. Cómpre evitar o xénero Scleroderma, que ten unha gleba purpúrea.

Etnografía Refrán: Meniño encetado, auga da fonte e po de peido de lobo (referíndose ás `propiedades terapéuticas do fungato. Aplicábase sobre as feridas coma antibiótico e cicatrizante). Clasificación Ordes principais: Lycoperdales, Tulostomatales, Nidulariales (relacionado cos Agaricales) Basidiomycetes : Agaricales : Lycoperdaceae : Calvatia Calvatia booniana Calvatia bovista (Handkea utriformis) Calvatia craniiformis Calvatia cyathiformis Calvatia fumosa (Handkea fumosa) Calvatia gigantea Calvatia lepidophora Calvatia rubroflava Calvatia sculpta - Calvatia subcretacea (Handkea subcretacea) Basidiomycetes : Agaricales : Lycoperdaceae : Lycoperdon Lycoperdon foetidum (Lycoperdon nigrescens) Lycoperdon perlatum - fungato Lycoperdon pulcherrimum Lycoperdon pusillum Lycoperdon pyriforme Basidiomycetes : Agaricales : Lycoperdaceae : Vascellum Vascellum curtisii Vascellum pratense Geastrales e Phallales (relacionado cos Cantharellales), Basidiomycetes : Phallales : Geastraceae : Geastrum Geastrum coronatum Geastrum fornicatum Geastrum saccatum Sclerodermatales (relacionado cos Boletales) Basidiomycetes : Boletales : Sclerodermataceae : Scleroderma Scleroderma areolatum Scleroderma bovista Scleroderma cepa Scleroderma citrinum - feixó do demo Scleroderma meridionale Scleroderma michiganense Scleroderma polyrhizum Scleroderma septentrionale así coma varias falsas trufas (Hypogaeic gasteromycetes) relacionados con diferentes ordes de hymenomycete.

Do mesmo xeito, as verdadeiras trufas (Tuberales) son Ascomycota gasteroides. Os seus ascocarpos chámanse tuberotecias.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Categoría:Basidiomicetos Categoría:Fungos de Galicia Categoría:Fungos comestibles