O Roller Club Biasca é un equipo de hóckey a patíns da cidade de Biasca, no Cantón de Tesino (Suíza). Actualmente compite na LNA, a máxima categoría deste deporte en Suíza. É o único equipo de hóckey a patíns da Suíza italiana e foi fundado en setembro de 1985.
Conta no seu palmarés con dous títulos da segunda categoría do hóckey a patíns suízo, a LNB, acadados en 1990 e 1992.
En 1989 e 1992 recibiu o recoñecemento ao mérito deportivo de Biasca, e en 1993 o recoñecemento da asociación de prensa deportiva do Cantón de Tesino.
Dende 1997 xoga os seus partidos como local no novo pavillón multiúsos denominado Palaroller.
Palmarés 2 LNB: 1990 e 1992.
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial
Biasca