O sanguiño (Rhamnus frangula ou Frangula alnus) é un arbusto de 3-6 metros de altura que medra en bosques húmidos de Europa, Asia e norte de África.

É un arbusto de ramas ergueitas non espiñoso. A casca presenta manchas chamadas lenticelas. As follas caedizas, alternas, ovais, pecioladas con nervaduras sobresaíntes no envés. As flores son pequenas, hermafroditas, con cinco pétalos e de cor rosada ou verdosa. Os froitos son vermellos que se volven pardos ó maduraren. Trátase dun arbusto típico de solos moi húmidos en substratos silíceos, amplamente estendido por Europa.

Cómpre non confundir esta especie co sangomiño (Cornus sanguinea).

Propiedades Son purgantes e colagogos, mantendo os seus efectos por varios días. Nas herboristerías comercialízase co nome de frángula pero hai que extremar o coidado no seu consumo pois en fresco é moi purgante e vomitivo, especialmente nos nenos. Contén diversos principios activos como frangulina, gluco-frangulina, ácido crisofánico, fisiciona, crisofanol etc.

Señor San Bartolomeu/ feito de pau de sanguiño/ líbrame, santo bendito/ do lobo de Rianxiño Refírese a unha capela dedicada a este santo, nuns cons de Rianxo. Rianxiño é un lugar da parroquia de Santa Comba de Rianxo. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 184..

Distribución miniatura|esquerda|240px|Sanguiño.É moi común en toda Galiza. Dáse en Europa, Asia e norte de África. En España é moi abundante nos bosques de ribeira. Aparece nos ríos Tera e Negro na provincia de Zamora. Na provincia de León aparece en La Cepeda e La Valdería. No río Carrión, río Adaja, alto Douro etc. No Sistema Central na Serra de Ayllón, Serra de Guadarrama, Serra de Gredos e Serra de Gata.

Nome común Zangariño, xanquiño, xanguiño, senquiño, sanquiño, sanguño, sangumio, sanguiño, sanguino, sanguillo, sangubiño, sangubino, sangubín, sangriño, sangrino, sangomio, sangomín, sangobiño, sangobino, sangobín, sancomiño, samboguiño e sabuguiño.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos As árbores na cultura popular galega

Ligazóns externas Eintrag bei GRIN Taxonomy for Plants Inhaltsstoffe des Faulbaums

Categoría:Arbustos Categoría:Arbustos de Galicia Categoría:Rhamnus Categoría:Taxons descritos por Linné