Non confundir coa Colección Ronsel, de poesía, da Editorial Galaxia. Ronsel foi unha revista mensual editada en Lugo en 1924. O título fai referencia á marca que deixa unha embarcación pola popa e, por extensión, ao rastro que deixa alguén ou algo que pasa.

Historia e características miniatura|Algúns colaboradores de Ronsel. Subtitulada Revista de Arte e Revista de la nueva generación gallega (nº 6), apareceu en maio de 1924. Estaba dirixida por Evaristo Correa Calderón e figuraba como director artístico Álvaro Cebreiro. Entre os seus redactores estaban Francisco Luís Bernárdez, Eugenio Montes, Manuel Antonio, Jesús Bal y Gay, Luís Pimentel e Cándido Fernández Mazas. Jesús Carracedo era o correspondente en Nova York. De carácter ecléctico, integrou as correntes máis abertas e vangardistas en materia de creación literaria do momento. Acabou integrando unha xeración de autores galegos, sobre todo lucenses, moi vinculados ás posicións nacionalistas. Incluíu críticas e colaboracións literarias, así como traducións ao castelán de autores cataláns, franceses ou alemáns. No aspecto plástico colaboraron Cebreiro, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Ánxel Xohán, Carlos Sobrino Buhigas e Amando Suárez Couto. Cesou a súa publicación en novembro de 1924 co número 6.

O 15 de xaneiro de 1975 saíu publicado un número extraordinario, en conmemoración do quincuaxésimo aniversario da súa creación.Imaxe da portada

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Resol Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo Ligazóns externas

Categoría:Prensa escrita de Lugo Categoría:1924 en Galicia