San Xoán de Ove é unha parroquia do concello de Ribadeo, na provincia de Lugo. Pertence ao arciprestado de Ribadeo. Segundo o censo en 2004 tiña 439 habitantes, agrupados en 27 entidades de poboación e 9 lugares, cunha densidade media de 25,5 hab/km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 387 habitantes, sendo 199 homes e 188 mulleres.

Linda ao leste coas parroquias de Piñeira e Ribadeo (a cal xa absorbeu algunhas das aldeas desta parroquia no norte), Villapol (que o limita a Ría de Ribadeo de Asturias), ao sur con Vilausende (coa que fai límite a través de río Grande) e ao oeste con Cubelas e A Devesa. Ten unha altitude media de 40 m. Polo seu territorio pasan diversas vías de comunicación, incluíndo a N-642, a LU-133 e a Liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón. Historia A freguesía pertenceu á antiga Diocese de Britonia e figurou nun documento do ano 1128 baixo a nomenclatura de "Sanctus Joanne de Euve". En canto a outros autores din que recibe o seu nome do río que a limita: Euve, o actual Eo que dá orixe á ría de Ribadeo, e co que compartiría o significado de 'auga corrente'.Calendario toponímico 2019 do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, accesible en http://www.edu.xunta.gal/centros/iesribadeo/?q=system/files/calendario%20toponimico%20ies%20dionisio.pdf A -u- de Euve converterase en -o- pola atracción da semiconsoante seguinte, o -v-, dando orixe ó nome evolucionado Eove. Ó estar normalmente precedida da preposición de, ...San Xoán de Eove..., prodúcese un falso corte do E- inicial e a súa desaparición, ó confundirse co -e da preposición de. Queda, pois, así a súa forma actual Ove ou Obe, xa que entre o -v- e o -b- prodúcese unha vacilación por betacismo.

Patrimonio miniatura|Igrexa de Ove

A igrexa é do século XVII, con retablo rococó no presbiterio, de dous corpos. Nas naves laterais, outros dous do mesmo estilo. Sufriu varias reformas posteriores. No lugar da Graña encóntrase a capela de Santo Estevo, cun retablo barroco dun corpo e tres fornelas; tamén se atopan as capelas de Santa Cruz, San Lázaro e Santo Estevo, e na aldea da Frieira está a capela de Santa Lucia.

Da prehistoria conserva o Castro das Cárcovas, na Capela.

Festas As festas patronais de Ove celébranse o día 24 de xuño, na honra a San Xoán.

Tamén é moi coñecida a Festa de Santa Cruz na honra da Virxe da capela do monte, o 25 de abril. Antigamente a romaría adoitábase facer no monte do mesmo nome onde unha procesión, ademais dos penitentes de peregrinos acoden a realizar a coñecida Xira da Santa Cruz (que na actualidade se fai o primeiro Domingo de agosto e se lle atribúe á parroquia de Ribadeo); porén esta parroquia acostuma facer a Xira homenaxe á Gaita, que está declarada de interese turístico.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Ove

Parroquias de Ribadeo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ribadeo

Categoría:Parroquias de Ribadeo Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán