Jordan Lee Crawford, nado o 23 de outubro de 1988 en Detroit, Míchigan é un xogador americano de baloncesto profesional. Xogou na Universidade de Indiana e na de Xavier.
Traxectoria deportiva NBA Foi seleccionado polos New Jersey Nets na 27ª posición do Draft da NBA de 2010. Os seus dereitos foron traspasados máis tarde aos Atlanta Hawks. Alí xogou a súa primeira tempada, onde xogou 16 partidos nos que fixo 4.2 puntos por encontro.
O 23 de febreiro de 2011, Crawford foi traspasado aos Washington Wizards, xunto con Maurice Evans e Mike Bibby. O 8 de marzo de 2011, Crawford 22 puntos contra os Milwaukee Bucks, o máximo da súa traxectoria nese intre. O 15 de marzo, superou esa marca, anotando 27 puntos na derrota contra os Chicago Bulls. Superouno outra vez nese mesmo mes, o día 30, anotando 39 puntos na derrota contra Miami Heat. O 1 de abril do 2011, Crawford conseguiu a súa primeira tripla-dobre da súa traxectoria profesional, conseguindo 21 puntos, 11 asistencias e 10 rebotes contra os Cleveland Cavaliers.
O 21 de febreiro de 2013, Crawford foi traspasado ós Boston Celtics a cambio de Leandro Barbosa e Jason Collins.
O 15 de xaneiro de 2014, completouse un traspaso entre tres equipos, os Celtics, os Golden State Warriors e os Miami Heat. Os Celtics mandaron a Crawford e a MarShon Brooks ós Warriors. A cambio, recibiron a Joel Anthony dos Heat, unha futura elección protexida do Draft de Philadelphia que fora enviada a Miami nun traspaso anterior, e unha elección da segunda rolda do Draft de 2016 dos Heat. Ademais, Toney Douglas foi enviado ós Heat no mesmo traspaso.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com Perfil en NBADraft.net
Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Detroit Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Xinjiang Flying Tigers Categoría:Xogadores dos Tianjin Pioneers Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores do Ironi Nahariya Categoría:Xogadores dos Sichuan Blue Whales Categoría:Xogadores do Brose Baskets Categoría:Xogadores do PBC Lokomotiv Kuban Categoría:Xogadores do Galatasaray SK (baloncesto)