El Clamor de Galicia foi un periódico editado na Coruña entre 1881 e 1885.

Historia e características Subtitulado Diario político de la mañana e Diario político de La Coruña, apareceu en marzo de 1881. Fundado por Ramón Faginas e Salvador Golpe. Estivo dirixido por Luciano Puga Blanco até maio de 1882, e despois por Ricardo Acevedo Fullós. Entre os seus redactores estaban Lisardo Barreiro, Ramón Faginas, Rafael Nieve e Ramón Segade Campoamor. Periódico conservador. Dividíase nos apartados: Sección Oficial, Sección Editorial, Actualidades, Noticias de Galicia e Variedades. Cesou a súa publicación a finais de xuño de 1885.El Regional, 30-6-1885, p. 1.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:Xornais en lingua castelá Categoría:1881 en Galicia Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos