Ramón Villarino de Sáa, nado en Xinzo de Limia en 1890 e finado en Ourense o 27 de marzo de 1959, foi un xurista, escritor, xornalista e político galego.
Traxectoria Foi redactor-xefe de El Eco Antelano (1911-1912). En 1912 trasladouse a Madrid para facer a carreira de dereito; ao rematar deu conferencias no Ateneo de Madrid. Volveu a Ourense onde traballou como avogado do Estado. Dirixiu El Diario de Orense e colaborou en La Centuria e La Región. Formaba parte dos afíns á corrente calvosotelista. Durante a República formou parte do Comité Provincial de Acción Popular en Ourense e nas eleccións xerais de 1936 foi elixido deputado por Ourense pola CEDA. Despois da Guerra civil, foi avogado do bispado de Ourense. Finou en Ourense o 27 de marzo de 1959.Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 31-3-1959, p. 13.
Obra Égloga de amor, 1911. La última merced, 1915. El pájaro negro, 1917. Chegou a estrearse en Ourense o 10 de maio de 1917. Piedras galaya, 1918. Vida persoal
Casado con Araceli Anta Novoa, foron os últimos propietarios do pazo de Chaioso. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Xinzo de Limia Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Nados en Xinzo de Limia Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1959