Hilary Erhard Duff, nada en Houston (Texas) o 28 de setembro de 1987, é unha actriz, cantante, modelo e deseñadora de moda estadounidense.
Traxectoria Comezou no mundo do espectáculo facendo teatro e actuando en distintas series e películas de éxito mediano. No ano 2001 adquiriu fama e popularidade ao protagonizar a serie de televisión Lizzie McGuire de Disney Channel. Participou en distintas películas coma a saga Cheaper by the Dozen, Unha cincenta moderna e The Lizzie McGuire Movie.
No ano 2002 debutou como cantante e ampliou o seu repertorio dentro da música pop con álbums multi-platino como: Metamorphosis (2003), Most Wanted (2005) e Dignity (2007), e ata o día de hoxe vendeu 22 millóns de álbums a nivel mundial.
O emporio de Hilary Duff comprende non soamente películas e álbums de éxito mundial, senón tamén unha liña de roupa, Stuff By Hilary Duff, a súa propia liña, Femme for DKNY. Tamén lanzou a súa propia fragrancia en 2007, With Love... Hilary Duff cunha nova versión en 2008, Wrapped With Love, baixo o selo Elizabeth Arden.
En 2010 debutou como autora literaria e publicou o seu primeiro libro: Elixir.
Categoría:Actores de Texas Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores infantís dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes de Texas Categoría:Deseñadores de moda dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Houston, Texas