Justo Villanueva Gómez, nado en Corcubión o 17 de maio de 1892 e finado en Madrid o 21 de febreiro de 1952, foi un avogado, xurista e político galego.
Traxectoria De familia ourensá, naceu en Corcubión, onde estaba destinado o seu pai como xuíz de primeira instancia. Cursou o bacharelato en Ourense. Comezou a carreira de Dereito en Zaragoza e rematouna en Madrid. Fixo o doutoramento. Ingresou no corpo de avogados do Estado e estivo destinado en Cuenca. Catedrático de Dereito político das universidades de La Laguna (1922), Santiago de Compostela, Sevilla e Valladolid.
Foi militante do Partido Republicano Radical, e na súa representación elixido deputado pola provincia de Ourense nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931, nas eleccións xerais de 1933 e nas eleccións xerais de 1936. Nestas últimas, foi considerado inicialmente como deputado (quedara en noveno lugar, o último da circunscrición en votos), pero a Comisión de Actas anulou a súa elección o 2 de abril ao non computarse como válidos un total de 106.000 votos por diversas irregularidades.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 refuxiouse en Portugal. Viviu en Lisboa e despois pasou a París e Niza. Foi depurado e separado da súa cátedra o 24 de setembro de 1937; en 1939 foi sometido ao Xulgado de Responsabilidades Políticas. En 1941 regresou a España. Dedicouse ao seu bufete en Madrid. Foi rehabilitado o 16 de febreiro de 1952. Finou en Madrid o 21 de febreiro de 1952.Necrolóxica en ABC, 20-2-1953, p. 39. Vida persoal
Casou con María Isidora Lázaro de Diego. Foi tío do tamén político ourensán Ángel Villanueva Cendón.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Avogados de Corcubión Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Nados en Corcubión Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1952